SANTIAGO.- A asociación ecoloxista ADEGA informa que existe un novo intento do Goberno estatal de facer un estudo de impacto para levar a cabo o encoro do Navia-
NOTA DE PRENSA:
Hai dous anos, Touriño comprometeuse a informar desfavorábelmente o encoro do Navia cualificándoo de “pesado lastre do franquismo”. Agora, o departamento de Espinosa tramita o estudo de impacto (BOP Lugo, 30 de marzo, páx. 213) nun novo intento de “Hidroeléctrica del Navia” (propiedade de Hidrocantábrico e Endesa) por executar un encoro con concesión en vigor dende xuño de 1963. Dende entón, a veciñanza do val do Navia conqueríu parar o proxecto (anos 1967, 74-75, 85 e 93) nos sucesivos intentos por desenvolvelo. Saltos del Navia volve agora á carga aproveitando “ventos administrativos favorábeis” na Xunta e no estado. Non é o único caso: moitos encoros galegos teñen autorizacións franquistas case a perpetuidade e incumpren a Directiva Marco da Auga en canto a caudais ecolóxicos e medidas correctoras. As administracións amósanse escandalosamente cómplices cos privilexios das Fenosas, Iberdrolas e Endesas: aos ríos galegos, aínda non chegou a “transición”.
O encoro, de 96×98 m e 113 Hm3 de capacidade, engadirase aos outros tres grandes encoros no Navia, de xeito que o río ficaría con máis dun 50% do seu treito encorado, causando graves impactos ambientais e socioeconómicos nun amplo territorio do LIC Ancares-Courel, tamén Reserva da Biosfera, e que a Xunta pretendía converter en Parque Natural.
Trátase dun proxecto derivado dunha concesión, a do Gran Suarna, do ano 1951 ampliada no 1963, que dende entón vén sendo amplia e unanimemente rexeitado, non só polos ecoloxistas, senón tamén polo conxunto da povoación afectada e por institucións dende concellos, á Diputación Provincial, pasando polo Parlamento de Galiza ou a USC.
Con independencia de que primeiro se presente (7/08/1975) como Gran Suarna, asulagando a Póvoa de Navia, ou despois (10/07/1985) fraccionado en dúas presas (unha, a de Penamil, augas arriba da Póvoa e outra, a de Suarna, na mesma ubicación do Gran Suarna), e que agora apareza como un único encoro na confluenza dos ríos Navia e Suarna, trátase dunha concesión hidroeléctrica pola que a comarca dos Ancares no seu conxunto ten pagado xa moi graves impactos en forma de abandono, carencia de futuro e despoboamento.
As razóns polas que ADEGA ven rexeitando dende 1975 o proxecto do “Gran Suarna”, son as mesmas polas que rexeitamos hoxe este novo proxecto, engadindo que, tal e como o parlamento galego aprobaba en febreiro de 2006, os nosos ríos, os nosos vales, as nosas xentes xa teñen pagado impactos dabondo pola xeración de enerxía. É tempo xa de practicar unha política hidráulica con outras prioridades: a de, en concordancia cos principios da Directiva Marco da Auga, recuperar e preservar os ecosistemas fluviais e a calidade da auga.
Dende ADEGA agardamos que a Confederación Hidrográfica do Cantábrico teña idéntica sensibilidade que o Parlamento Galego cando aprobou a Lei 5/2006, do 30 de xuño, para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos (DOG do 30/06/2006) e, en consecuencia, rexeite este proxecto. Mais para ADEGA non é suficiente: a bacía do Navia, ficou convertida nunha sucesión ininterrompida de pantanos (Grandas de Salime, Doiras e Arbón). Por iso, voltamos a solicitar a caducidade ou a anulación da concesión hidroeléctrica, pois non é xusto que cunha prebenda franquista as grandes empresas sigan a coartar futuro de moitas comarcas de Galiza, permanentemente ameazadas pola construcción de grandes encoros e os nosos ríos fican sometidos ao dereito de pernada da eléctrica de turno.
E a respecto deste proxecto, esiximos da Confereración Hidrográfica do Cantábrico, o seu rexeitamento e a apertura dun expediente de caducidade, atendendo as demandas dos concellos de Navia e a Fonsagrada. Asemade, a Xunta de Galiza debería ser consecuente e informalo desfavorábelmente, tal como fixo co anterior. E o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño debería facer o propio con outras moitas concesións hidroeléctricas do franquismo e deixar de actuar como recadeiro das eléctricas e cómplice deste “fascismo ambiental” que aínda persiste nos nosos ríos.




















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



