Lugo, 10 de decembro de 2019. O Grupo Provincial do PP defenderá no próximo pleno da Deputación unha moción para instar ao Goberno de España a adquirir o compromiso de igualar a aportación económica da Xunta de Galicia no cumprimento da lei de protección da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia, de modo que incremente os recursos ata chegar ao 50% do total dos fondos dirixidos a tal fin.
Os populares sinalan: «A Lei estatal 39/2006, de 14 de decembro, máis coñecida como Lei de Dependencia, ten como obxectivo prioritario a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia. Sen lugar a dúbidas esta finalidade constitúe un dos principais retos da política social do noso país e, como tal, sitúase como unha das accións que deberan ser obxecto de atención prioritaria por parte dos gobernos das distintas administracións». Engade: «A posta en marcha desta nova normativa -que nace do consenso de todas as forzas políticas- presenta un difícil obstáculo: o cada vez maior número de persoas que teñen algún grado de dependencia, como consecuencia do progresivo envellecemento da poboación e dos condicionantes da sociedade actual. Para que os Servizos Sociais poidan chegar a todos os que precisan axuda, en condicións de calidade e igualdade, é necesario que as administracións acheguen o correspondente respaldo orzamentario».
No PP din que mentres a Xunta cumpre coas súas promesas, o Goberno central non o fai. Sinalan: «Desde a entrada en vigor da Lei de Dependencia, a achega do Estado estivo moi por baixo do modelo deseñado nas súas disposicións, que establecen que a achega se divida en dous partes iguais entre as Comunidades e o Goberno central». Os deputados provinciais do PP tamén explican: «A aplicación práctica deste principio de equilibrio no financiamento traería como consecuencia un incremento do orzamento destinado a este concepto en, polo menos, 200 millóns de euros só para Galicia, a conta das cantidades que non están a achegar o Goberno de España».
Na proposición do Partido Popular queda claro que «dos fondos que se destinan a financiar o sistema de atención á dependencia, a Xunta de Galicia paga tres cuartas partes: 76% fronte ao 24% que achega o Estado; por iso, unha boa forma de que o Goberno central demostre o compromiso coa dependencia sería achegándolle a Galicia os 200 millóns anuais que debe». A este respecto, os deputados din: «Con eses cartos poderiamos seguir mellorando as axudas e servizos que se prestan e darlles un impulso histórico».
O grupo que lidera Elena Candia sinala: «Esta infrafinanciación da dependencia por parte do Estado, obriga ás Comunidades Autónomas a realizar un esforzo orzamentario tremendo para garantir os dereitos das persoas en situación de dependencia. En consecuencia é fácil deducir que non estamos a pedir ningún compromiso a maiores, só que se cumpra co espírito da Lei de Dependencia e o Goberno central achegue a metade do financiamento. Esta situación contrasta tamén co progresivo aumento do presuposto destinado á dependencia por parte da Xunta de Galicia, o que permite que desde 2009 se multipliquen por catro o número de dependentes atendidos». Destacan así que entre as primeiras decisións adoptadas polo goberno que lidera Alberto Núñez Feijóo estivo a aprobación do decreto para axilizar a tramitación dos expedientes sobre dependencia.
Na iniciativa que defenderán os deputados populares, sinálase: «De cara ao futuro máis inmediato os orzamentos da Xunta para 2020, os máis sociais da historia de Galicia, reflicten tamén o compromiso coas persoas en situación de dependencia ata o punto de incrementar un 6% o gasto do Goberno galego ata os 362 millóns de euros».
Os populares destacan que «cando algunhas formacións políticas pretenden presentarse ante a sociedade como as máximas defensoras das políticas sociais teñen a obriga de poñer en práctica esa condición con feitos concretos, por exemplo, dando a prioridade que merecen o investimento en todas as políticas que afecten á atención directa das persoas dependentes; non debemos esquecer que os servizos sociais constitúen un dos alicerces básicos do Estado do Benestar».





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



