Viveiro, 12 de decembro de 2019. O grupo de goberno do Concello de Viveiro abstívose no pleno municipal de onte nunha moción presentada polo Partido Popular sobre a concesión do peirao do municipio, “xa que é un tema no que estamos a traballar desde hai meses na mellor opción para os nosos veciños e veciñas”.
Na moción, o PP instaba a solicitar a concesión do peirao a Portos de Galicia para a súa regularización, facéndose cargo do mantemento, vixiancia e urbanización. Para dita medida, engadía o texto, será preceptivo un convenio entre o Concello e o organismo autonómico. A moción foi aprobada cos votos a favor do PP, Por Viveiro, e Son Viveiro, e coa abstención socialista e do BNG.
“Tal e como expliquei na sesión plenaria, sorprendeunos especialmente a presentación desta moción, tendo en conta que foi este equipo de goberno o que realizou esa misma proposta a Portos de Galicia nunha reunión celebrada o 17 de outubro”, manifesta a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“Non sabemos se é que os concelleiros do grupo popular non adoitan ler a prensa, se non teñen comunicación con Portos de Galicia ou que puido pasar, pero é evidente que estaban a propoñer un acordo que nós mesmos plantexamos á administración autonómica hai un par de meses”, afirma.
O grupo de goberno considerou polo tanto “que non tiña sentido aprobar esta moción cando se trata dunha cuestión xa proposta e na que estamos a traballar; de feito, dende Portos de Galicia xa se nos indicaron cales serían as condicións nas que se establecería ese convenio de concesión: tería unha duración de catro anos, prorrogable por outros catro, e entregaríase ao concello no mesmo estado no que se atopa neste momento”.
As obras que este espazo necesita implican un investimento considerable, pois é necesario aglomerar ou instalar varandillas novas, entre outras posibles actuacións. Por este motivo, “dende o concello estamos valorando tanto esta posibilidade como unha posible reversión por parte de Costas, coa finalidade de establecer as condicións de cada unha destas tramitacións e valorar cal sería a mellor opción para o concello”, engade María Loureiro.
“Respectando loxicamente o acordo adoptado no pleno, seguiremos realizando as xestions oportunas para escoller a mellor opcion para os intereses municipais”, remata o grupo de goberno.


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



