Lugo, 17 de decembro de 2019. A Deputación de Lugo revélase como unha peza clave para a internacionalización das empresas lucenses, segundo a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL). Un estudo presentado este martes na Deputación de Lugo e elaborado grazas á axuda da institución á organización empresarial conclúe que Lugo está á cola das exportacións en Galicia, aínda que a provincia mellora a súa posición nos mercados internacionais na última década, cun incremento do 30,55%. O Presidente, José Tomé, destacou na firma dun convenio de colaboración coa CEL por importe de preto de 130.000€ a necesidade de impulsar o tecido produtivo.
“O obxectivo deste acordo é fortalecer e facer máis competitivo o tecido empresarial da provincia”, dixo José Tomé, que destacou o papel dos empresarios na xeración de emprego e na dinamización da economía. Engadiu Tomé que “o impulso dos sectores produtivos pasa por accións como plans de emprego, de formación e apoio ao emprendemento. Na Deputación, temos en marcha a día de hoxe proxectos deste tipo cun investimento de 7,4M€ e con medio milleiro de persoas beneficiarias”.
Na presentación, o Presidente estivo acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios, Jaime López, quen situou á Deputación de Lugo como unha peza chave para a internacionalización das empresas lucenses, tendo en conta ademais que Lugo “polo momento non pode acceder de xeito directo ás axudas do Plan Foexga que xestionan as Cámaras de Comercio”. O Secretario Xeral da CEL apuntou que Lugo é a cuarta provincia exportadora en Galicia, aínda que mellorou a súa posición nos mercados internacionais na última década. En concreto, o ano no que Lugo acadou os seus mellores resultados foi no 2015, no que se exportaron mercancías por valor de 1.174,41M€. Segundo o estudio, existe un volume de exportación estable en torno aos 670M€ nos últimos anos.
Destacou López que, por sectores económicos, a alimentación é o que máis exporta da provincia e que Europa é o destino final de boa parte dos produtos lucenses no exterior. No estudo tamén se elaborou un perfil das principais empresas exportadoras de Lugo, localizadas boa parte delas na capital e con máis de dez anos de existencia, que teñen capital suficiente para facer fronte á internacionalización e que acoden ao mercado cos seus propios medios.
Entre as conclusións, o estudo da CEL apunta que para seguir mellorando a situación do sector exterior e recuperar o ritmo de crecemento de anos anteriores, a provincia de Lugo debe diversificar mercados e produtos, incentivar ás novas empresas para acceder aos mercados internacionais, dotando de músculo financeiro ás que teñen vocación exportadora. O informe tamén recomenda fomentar a entrada en mercados con potencial, aproveitar as vantaxes de atopar un bo socio local nos mercados de destino das exportacións e participar nos múltiples plans, axudas e subvencións dispoñibles.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



