Mondoñedo, a 14 de xaneiro de 2020. O Centro Comarcal Santo Tomé de Mondoñedo acollerá este 15 de xaneiro ás 7 da tarde a presentación da quinta edición do Coworking da Mariña lucense, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escala de Organización Industria (EOI) coa colaboración do Concello de Mondoñedo, como socio local. As últimas prazas estarán dispoñibles ata o 31 de xaneiro.
Na presentación participará a subdirectora da Oficina Galicia Emprende do IGAPE, Fany Suárez Mansilla, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto con parte do equipo coordinador do proxecto e participantes nas anteriores edicións. Todos eles contarán as distintas perspectivas e experiencias dentro do programa. A continuación haberá un espazo de café networking que propiciará o intercambio de ideas entre os asistentes.
Este programa vén formando a emprendedores da Mariña Lucense xa desde 2016, o que amosa a súa boa acollida no territorio. Durante estes anos, os proxectos seleccionados recibiron orientación personalizada para poñer en marcha os seus plans de negocio optando por ámbitos de actividade tan diversos como a gandería, a agroalimentación sostible, o deseño téxtil, o turismo activo e a transformación e xeración industrial de produtos básicos, todos eles a partir do aproveitamento e valorización dos recursos do territorio; os servizos tecnolóxicos para a oferta de solucións eficientes e sostibles en sectores diferentes; a saúde, o benestar e o desenvolvemento social e cultural. O coworking mindoniense apoiou desde 2016 un total de 62 plans de emprendemento dos que xa están en marcha máis da metade.
Nesta quinta edición, de febreiro a xuño, os proxectos recibirán a formación necesaria para afondar en distintos aspectos do plan de negocio: obrigas xurídico-fiscais, economía circular, modelo económico, axudas dispoñibles, mercado, clientes, marketing… utilizando metodoloxías como o Lean Start-up e o Lego Serious Play e cunha orientación totalmente práctica.
Ademais de sesións de networking, o programa inclúe dous tipos de formación. A formación grupal, que tratará semanalmente unha temática específica, e a formación individual coa que se lle asignarán titorías persoas a cada proxecto cun equipo de expertos asesores para desenvolver todos os aspectos do seu plan de negocio e para, non menos importante, familiarizarse cunha serie de ferramentas que lles servirán de maneira práctica para calquera labor de xestión empresarial.
Asemade, os emprendedores terán á súa disposición outros programas que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria, como o Galicia Emprende e o Galicia Rural Emprende, que a través das súas últimas convocatorias achegaron axudas por valor de 9 millóns de euros a 200 proxectos de autónomos e emprendedores para mobilizar investimentos que superarán os 24 millóns de euros. Ademais as iniciativas empresariais de nova creación terán á súa disposición instrumentos de financiamento habilitados por Xesgalicia e o Igape.
O único requisito para a solicitude de praza é ter unha idea de negocio, independentemente do grao de madurez da mesma, e moitas ganas de facer medrar o proxecto. De feito, nas anteriores edicións houbo desde proxectos saídos da etapa de formación técnica ata novos proxectos de empresas xa consolidadas. As sinerxias xeradas entre o propio grupo de emprendedores tamén é unha parte moi valorada do programa.
Para calquera información adicional, os interesados poden poñerse en contacto co programa a través de cwmondonedo@eoi.es ou no teléfono 629 08 43 79 ata o próximo día 31 de xaneiro,
A aceleradora forma parte da rede de espazos coworking coa que, a través do Igape, e, en colaboración coa EOI e, neste caso, co Concello de Mondoñedo, a Xunta favorece o desenvolvemento e consolidación de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio.
Durante os catro anos que leva en marcha, a rede de aceleración apoiou a máis de 700 emprendedores e un total de 641 proxectos en toda Galicia.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



