Lugo, 14 de febreiro de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé, informou este venres da aprobación na Xunta de Goberno do convenio marco que permitirá poñer en marcha o programa Lugo, Provincia Cardioprotexida, unha iniciativa a través da que a institución provincial dotará de Desfibriladores Semiautomáticos (DESA) aos 49 concellos que decidiron sumarse a este iniciativa, e que leva aparellada a formación necesaria a persoal municipal para o seu manexo.
Deste xeito, a Deputación contribuirá a mellorar a protección dos veciños e veciñas da provincia ante posibles fallos cardíacos cunha medida “que vai na liña do que recomendan as organizacións de profesionais sanitarios”, asegurou José Tomé, lembrando que esta mesma semana a Sociedade Española de Medicina de Emerxencias de Galicia abordou nun encontro a necesidade de promover a dotación de Desfibriladores Semiautomáticos nos concellos para crear municipios cardioprotexidos.
A Deputación investirá 60.000€ para a contratación conxunta do subministro de desfibriladores, un por cada concello que decidiu adherirse a este proxecto, así como da formación para o seu uso.
O Presidente asegurou que Lugo, Provincia Cardioprotexida “enmárcase dentro da aposta deste Goberno provincial polas políticas sociais, un eido ao que destinamos o 33% dos Orzamentos deste 2020 –máis de 30M€-, e tamén do noso compromiso firme coa que entendemos que é a principal función da Deputación: a cooperación cos concellos para que poidan prestar servizos públicos aos seus veciños e veciñas da mellor calidade e aforrando custes”.
Unha vez que o convenio marco foi aprobado hoxe pola Xunta de Goberno, a Deputación de Lugo firmará un acordo de colaboración con cada un dos concellos participantes. Será entón cando estes designarán ás persoas que deberán recibir a formación. Paralelamente iniciarase o procedemento para a contratación conxunta do subministro dos desfibriladores. A previsión é que este programa de protección da saúde pública estea en funcionamento antes de que remate o ano.
A atención inmediata, vital
Os expertos en cardioloxía aseguran que, en situación de parada cardiorespiratoria, cada minuto que pasa sen atención diminúe nun 10% a probabilidade de supervivencia. Ao cabo de dez minutos, as posibilidades son mínimas, polo que a reanimación debe comezar de forma inmediata ou o máis rápido posible. Por iso, dixo Tomé, “é tan importante contar con equipos desfibriladores nas instalacións e espazos públicos para reducir ao mínimo posible o tempo de reposta ante unha parada respiratoria. Estamos falando da diferencia entre a vida ou graves secuelas, ou mesmo a morte”.
Serán os propios concellos os que decidan onde colocan os desfibriladores, que poderán situar en calquera instalación de titularidade municipal onde sexa útil, como por exemplo, nos consistorios, pavillóns deportivos, centros sociais ou casas da cultura. Os concellos ocuparanse da instalación do equipamento e deberán adscribir o persoal necesario para o seu manexo, así como asumir os gastos de mantemento.
Os municipios que optaron por sumarse a Lugo, Provincia Cardioprotexida representan preto do 72% dos de toda a provincia. Son: Abadín, Antas de Ulla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Chantada, O Corgo, O Courel, A Fonsagrada, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, Outeiro de Rei, Palas, Pantón, Paradela, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Proba de Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xermade.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



