Foz, 5 de marzo de 2020. O salón de actos do Cenima, en Foz, acolleu este xoves a xornada Emprende, organizada pola Federación de Comercio A Mariña. Ademais das 8 exposicións efectuadas por outros tantos poñentes houbo tamén tempo para as preguntas do público asistente. O aluguer de locais, o relevo xeracional, o traspaso de negocios, as axudas, as subvencións e as liñas de crédito centraron a cita á que asistiron representantes de Acias e de Concellos da comarca, de empresas, de entidades financieiras e persoas interesadas no emprendemento.
Na súa intervención o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, lembrou que a Federación de Comercio A Mariña foi creada hai nove anos e que conta con 1.000 asociados e asociadas. E subliñou que “o importante é que A Mariña siga medrando. Que existan máis locais comerciais e hostaleiros iso implicará que a comarca teña máis vida”. Paleo dixo que “preocupan os relevos xeracionais e os traspasos de negocios que funcionan. É unha pena que asistamos a peches de empresas por falla de relevo, sexa do tipo que sexa”. Para o presidente da FCAM “hai que moverse, hai que emprender, hai que conseguir ter ese relevo, xa sexa a través da familia ou do traspaso”. E sobre o aluguer apostou por “lograr ese punto de encontro entre as partes para os locais non queden baleiros”.
Antonio Dorrego, economista de 3A Consultores indicou que “emprender require un proceso. É preciso facer un pequeno estudo para saber a onde queremos chegar, canto temos que vender para cubrir custes e ata qué punto temos que chegar para o que proxecto non nos custe cartos”. Dorrego dixo que tamén hai que ter presente “si estamos dispostos a perder cartos e ata cánto estamos dispostos a perder”. Sobre as subvencións que conceden as administracións sinalou que “sempre son benvidas, pero estes cartos son limitados. Veñen moi ben para montar un proxecto, pero poden non chegar. O negocio non pode depender delas”.
O economista de 3A Consultores referiuse ao mercado do aluguer e indicou que “hai unha moi alta rotación de negocios na Mariña porque os prezos non compensan a rentabilidade”. E manifestou que “unha zona dinámica dunha vila pode devir en decadencia polo exceso de optimismo dos propietarios dos locais e viceversa… actividade chama actividade”. Antonio Dorrego considera que un local que foi mercado por 100.000 euros proporciona unha rentabilidade axeitada cunha renda de 6.000 euros ao ano, é dicir 500 euros ao mes: “un local ao que o seu aluguer lle custa 1.000 euros ao mes estalle a complicar a vida ao emprendendor, dependendo da zona na que estea ubicado”.
Pilar Fernández, xefa territorial de Economía, Emprego e Industria da Xunta, explicou na xornada celebrada en Foz as liñas de axuda da administración galega para autónomos, para as pequenas empresas, para co comercio, para a contratación e para fomentar a igualdade e a responsabilidade social. Hai varias destinadas aos autónomos para a conciliación ou para a contratación que poden solicitarse ata o 30 de setembro deste ano. Tamén hai axudas para unha segunda oportunidade, é dicir para aquelas persoas que un día foron autónomas, que o tiveron que deixar, e que deciden volver a intentalo. Pilar Fernández tamén aludiu ás axudas para o comercio destinadas á modernización, á expansión comercial ou á dixitalización. Neste caso a convocatoria abriuse o 21 de febreiro e remata o 21 de marzo. A xefa territorial de Economía fixo alusión tamén ás axudas do IGAPE.
Para Pablo Rivera, responsable da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, “temos un problema común cando vemos que negocios de tradición centenaria pechan as súas portas sen un relevo. Iso quere dicir que algo non está a funcionar ben. Hai un problema de relevo xeracional e de alfabetización dixital. Na Deputación estamos interesados en escoitar a todos os sectores económicos da provincia”. Rivera aludiu ao carácter de cidade lineal da comarca da Mariña e ao seu potencial así como tamén aos programas para o emprendemento que esta a levar adiante a institución provincial. O responsable de Promoción Económica e Social referiuse a Prende, bota raíces no rural e Ben Empregado e dixo que “se están a repensar diferentes modelos novos e liñas de financiamento para emprendedores e para a consolidación de empresas. Isto require dun análise profundo das principais problemáticas que hai”.
Pola súa banda, o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Fran Cajoto, subliñou que “si pretendemos que as empresas se asenten na nosa comarca, nos nosos Concellos, hai que crear as condicións favorables. Hai que facer unha forte promoción, temos que conseguir que se nos coñeza en todo o Estado e crear oportunidades de negocio”.
Cajoto, tamén alcalde de Foz, apostou “pola creación de solo industrial nos nosos Concellos e por axilizar os trámites administrativos o máximo posible. As ralentizacións poden provocar que unha empresa elixa montarse nun Concello ou noutro. Tamén son importantes as bonificacións dos impostos municipais para as empresas que poidamos facer”.
As xerente do Galp A Mariña-Ortegal e do GDR Terras de Miranda, Mar López e Elena Martínez, falaron do traballo que estiveron a desenvolver ao longo dos últimos anos e dos proxectos produtivos que puideron obter financiamento a través das devanditas asociacións. Nun caso trátase de proxectos vinculados coa pesca, co mar e co turismo mariñeiro e no outro de proxectos para produción agraria primaria, para transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais ou para actividades de diversificación das explotacións agrarias cara a actividades non agrarias, entre outras.
E desde Afigal, o delegado en Lugo, José Luis Feijoo, falou das liñas de crédito e dos avais técnicos, especiais e financieiros que pode conceder, así como dos convenios asinados con outras entidades ou con administracións. Dixo que Afigal foi creada por empresas para prestar servizo ás empresas.
Ao remate das exposicións realizadas houbo preguntas dos asistentes. A xornada rematou cun aperitivo.
Entre o público asistente estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Turismo de Viveiro, Marisol Rey; o alcalde de Burela e vicepresidente do Galp A Mariña-Ortegal, Alfredo Llano; o presidente do GDR Terras de Miranda, Vidal Martínez; e a concelleira de Emprego de Foz, Inés López, entre outros.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



