Foz, 9 de marzo, 2020. A proliferación das apostas, xunto cos seus efectos na poboación, representan un problema social. Algo que preocupa ao BNG de Foz e a moitos focegos de maneira especial, é a idade media de inicio entre a xente que acode a pedir axuda por ludopatía que xa é de 18 anos, o que significa que hai moitísimos mozos e mozas que comezaron a xogar sendo menores de idade. O xogo patolóxico é un trastorno que figura entre as adicións de tipo comportamental nas clasificacións médicas e psicolóxicas. Consiste na perda do control do comportamento en relación ao xogo que se caracteriza por ter graves consecuencias para as persoas como problemas académicos, laborais, económicos, sociais e/ou legais asociados ao xogo.
A Xunta de Galiza non cumpriu co compromiso de consensuar unha nova Lei do Xogo para afrontar este problema de saúde pública, que sigue en anteproxecto de proxecto. O BNG de Foz entende que debe contar na súa elaboración co consenso dos grupos políticos e tamén coas asociacións que traballan no ámbito da rehabilitación. O goberno do PP por boca do seu vicepresidente A Rueda foi quen de decir “Se ao sector do xogo vaille ben tamén lle irá á Xunta de Galicia e á sociedade xa que é unha importante fonte de ingresos”. Un despropósito pactado coa patronal das apostas da Galiza (AGEO). O PP e quen de facilitar todo o que cheire a negocio, desprezando aos expertos que salientan o enorme destrozo que a ludopatía pode xerar na mocidade. O aumento da publicidade televisiva referida a estas actividades utilizando como reclamo a personalidades con prestixio social, favorece o incremento de casos de adicción entre a xente moza, xa que percibe cómo persoas referenciais trasladan a imaxe de que estas actividades son algo positivo. As apostas non son un xogo, e sí son perigosas
O BNG de Foz acadou o acordo do pleno para instar ao Goberno autonómico da Xunta a consensuar unha nova Lei do Xogo para afrontar este problema de saúde pública que debe contar na súa elaboración co consenso dos grupos políticos e tamén coas asociacións que traballan no ámbito da rehabilitación. Tamén acordouse instar a Xunta de Galiza a que igual que acontece co gremio de tabacaleras ou farmacias, limite a apertura das casas de apostas físicas mediante o establecemento dun mínimo de metros de separación ou por núcleos de poboación, para frear así a súa expansión, limitando tamén a publicidade tanto en cartelería como no patrocinio de entidades deportivas que inflúen decisivamente na addicción na mocidade. O pleno do Concello posicionouse como Concello libre de Casas de apostas. De xeito que na medida das competencias municipais, se limite a posible instalación de Casas de Xogos de apostas no noso Concello que afectan á economía e poden causar ludopatía, especialmente pola cantidade de xente nova que cae nesta adicción.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



