Foz, 9 de marzo de 2020. O Concello de Foz programa actividades para conmemorar o Mes da Muller este mércores 11 e tamén os días 18 e 25.
A concelleira de Igualdade, Milagros Louzán, explica que “o Concello de Foz vai celebrar durante o mes de marzo unha serie de actividades para conmemorar o Mes da Muller. O obxectivo de todos estes actos é poñer de relevancia o espazo que ocupan as mulleres na nosa sociedade. O enfoque que se desexa mostrar é plural: as mulleres podemos falar de feminismo, pero tamén de moitas outras cousas porque estamos presentes en todos os sectores. Non só queremos mostrar os atrancos cos que as mulleres nos atopamos senón tamén os logros que conseguimos”.
Milagros Louzán especifica que para tal fin realizaranse diversos actos ó longo do mes, todos eles na Casa da Cultura ás 20:00 horas:
.O mércores 11 de marzo a escritora Inma López Silva dará unha charla sobre o súa traxectoria e presentará o libro autobiográfico Chámame señora, pero trátame coma un señor.
.O mércores 18 de marzo proxectarase a curtametraxe Matria e posteriormente terá lugar unha mesa coloquio sobre o papel das mulleres no mundo do mar.
.O mércores 25 de marzo dúas policías locais do Concello de Foz falarán de diversos aspectos do seu traballo.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



