Ribadeo, 13 de marzo de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anuncia que se restrinxe a atención presencial nos diferentes servizos municipais, de non seren casos urxentes, debendo realizarse preferentemente de xeito electrónico ou telefónico. Ademais desde hoxe e ata o 27 de marzo, quedan pechadas as instalacións de titularidade municipal: pavillóns polideportivos, piscina, biblioteca, salas de exposicións, lavadoiro dos fornos, Cine Teatro, auditorio municipal, albergue de peregrinos, telecentro, oficina de turismo, Casa das Algas, zonas de xogo infantís, biosaudables e parques de titularidade municipal. Queda suspendida a actividade na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e queda cancelada a celebración de calquera actividade organizada polo Concello.
O rexedor ribadense declarou que “á vista da situación de emerxencia de saúde pública que está a ter o coronavirus Covid 19, e de acordo coas instrucións que están sendo publicadas tanto no Boletín Oficial do Estado por parte do goberno do Estado como no Diario Oficial de Galicia pola Xunta de Galicia, desde o Concello de Ribadeo estamos adoptando a partir de hoxe e cunha duración ata o 27 de marzo, sen prexuízo da posibilidade de ampliar os seus efectos ou modificar nos sucesivos días unha serie de medidas preventivas”.
Suárez Barcia explicou que “en primeiro lugar se restrinxen a atención presencial nos diferentes servizos municipais tanto das oficinas xerais do Concello como nos Servizos Sociais, Casa da Cultura, Casa da Xuventude, etc…, de non ser en casos urxentes, debendo realizarse preferentemente de xeito electrónico ou telefónico. Queremos indicar que, para evitar desprazamentos innecesarios, recomendase a calquera cidadán ou cidadá que queira achegarse de maneira presencial, que previamente contacte por vía telefónica co Concello para determinar a urxencia do seu caso ou a posibilidade de resolvelo sen necesidade de acudir ás dependencias municipais”.
O alcalde seguiu a relatar que “en segundo lugar se establece o peche ao público dunha serie de instalacións de titularidade do Concello de Ribadeo como son: os pavillóns polideportivos, a piscina municipal, a biblioteca, as salas de exposicións, o Cine Teatro, o auditorio municipal, o albergue, o telecentro, a oficina de turismo, a Casa das Algas, as zonas de xogo infantís ou os parques biosaudables, sempre que sexan de titularidade municipal. En terceiro lugar, de acordo tamén co que anuncia a Consellería ao respecto da suspensión das clases en todos os niveis educativos, suspéndese a actividade lectiva da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo a partires deste vindeiro luns, 16 de marzo, por un período prorrogable de 14 días. No que queda de xornada e mañá, aínda que se recomenda a non asistencia, o centro permanecerá aberto no horario habitual para facilitar a organización e a conciliación das familias”.
O alcalde dixo que “en cuarto lugar, establecemos o peche de calquera outra instalación, xestionada polo Concello de Ribadeo, que sexa análoga ás anteriores que acabo de dicir e non comprendida nesa relación, nas que se celebren actividades abertas ao público, agás as dependencias administrativas ou aquelas outras que alberguen servizos esencias para a cidadanía coas limitacións que estaba indicando anteriormente”.
Suárez Barcia subliñou que “recomendamos tamén ás asociacións, ás entidades privadas e a outras agrupacións que suspendan as actividades programadas para os próximos días. Suspendemos a eficacia das autorizacións no uso de locais e espazos municipais para asociacións, entidades, etc… Suspendemos tamén a eficacia das autorizacións outorgadas para a celebración de actos que supoñen a concentración de grupos numerosos de persoas. Cancelamos a celebración de calquera actividade organizada polo Concello nos recintos respecto dos cales se establece este peche e indicar que estas normas terán vixencia con carácter xeral ata o 27 de marzo. Isto querémolo facer de comunicación xeral e pedimos que todo o mundo siga vivindo e actuando con calma e serenidade, e que atenda ás responsabilidades e ás recomendacións sanitarias tanto das autoridades galegas como estatais”.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



