Lugo, 16 de marzo de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou a primeira hora da mañá deste luns un decreto que supón a redución ao mínimo imprescindible da presencia de traballadores e traballadoras nas dependencias e servizos provinciais establecendo traballo non presencial, atención telefónica e quendas co fin de compatibilizar o mantemento das funcións básicas da institución provincial coa obriga de minimizar os riscos de contaxio ante a emerxencia de saúde pública provocada polo coronavirus COVID-19. Deste xeito, todo o persoal cuxas funcións o permitan prestará servizo dende o seu domicilio e o persoal que ten funcións básicas para garantir o funcionamento da institución que deba desempeñalas de forma presencial farao por quendas.
En concreto, o decreto asinado hoxe (QUE REMITIMOS ADXUNTO) inclúe as seguintes medidas, que reforzan as anteriormente adoptadas pola Deputación:
Todo o persoal provincial cuxas funcións permitan o seu desenvolvemento a distancia prestará o servizo dende o seu domicilio na modalidade de traballo non presencial
Todo o persoal provincial que realice funcións que non poidan ser desempeñadas mediante o traballo non presencial deberá permanecer nos seus domicilios, quedando as súas actividades suspendidas temporalmente, agás que desempeñen funcións de carácter crítico para o funcionamento da Administración provincial. Considérase persoal con funcións de carácter crítico ao persoal directivo, xefaturas de área e de servizo, así como o vinculado a funcións tales como a seguridade, o mantemento dos edificios e as comunicacións ou outros servizos relacionados coas tecnoloxías da información e aqueloutros que determinen os órganos directivos, xefaturas de área e de servizo, por considerarse necesarios para garantir a continuidade das funcións básicas desenvolvidas pola Deputación. O persoal con funcións de carácter crítico deberá acudir ás dependencias provinciais cando o desempeño das súas funcións así o esixa e en tal sentido se determine.
Nos casos excepcionais nos que unha función crítica deba desempeñarse de forma presencial, estableceranse as quendas imprescindibles para garantir a prestación do servizo.
Todos os empregados públicos provinciais deberán permanecer localizables e deberán reincorporarse aos seus postos de traballo presenciais se así se lles require por necesidades excepcionais do servizo.
As medidas de carácter extraordinario terán a duración imprescindible para dar resposta á situación que motiva a súa adopción, e poderán ser revogadas por necesidades excepcionais do servizo e, en todo caso, cando cesen as recomendacións das autoridades sanitarias.
Así mesmo, e de acordo co disposto no Real Decreto polo que se declarou o Estado de Alarma en todo o territorio estatal, suspéndense e interrómpense todos os prazos de tramitación dos procedementos da Deputación. O seu cómputo renovarase no momento en que perda vixencia o Real Decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
Por outra banda, como xa informou onte a institución, queda suspendido o Pleno extraordinario que estaba previsto para o vindeiro venres, día 20, así como todas as sesión periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados provinciais, isto é, Xunta de Goberno, Pleno da Corporación e comisións informativas, durante a vixencia do Estado de Alarma ou, de ser o caso, das prórrogas do mesmo.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



