Lugo, a 24 de marzo de 2020. O presidente da Deputación, o socialista José Tomé, convocou reunión presencial das comisións informativas de Economía e Pleno para o próximo día 27, venres. O grupo provincial do PP recibiu estas convocatorias pola vía oficial, sen consensualas previamente; polo tanto, sen diferencia algunha co que se faría noutro momento alleo a gravísima crise sanitaria, debida ao coronavirus, que está a vivir España. O voceiro popular, Javier Castiñeira, expresa a súa sorpresa por esta convocatoria, tanto pola inoportunidade como polo feito de que as reunións serán presenciais.
Para o PP é evidente a inoportunidade da iniciativa do presidente en si mesma. O portavoz, Javier Castiñeira, recorda que os populares xa viron improcedente no seu momento a convocatoria das comisión unhas horas antes da declaración da emerxencia en Galicia, debido ao coronavirus; efectivamente, aquelas reunións foron desconvocadas. “Agora nos atopamos con estas novas convocatorias, na que se espera que sexa a peor semana na crise sanitaria en España e mentres desde o Goberno, presidido polo socialista Pedro Sánchez, se insta aos cidadáns a quedar na casa para evitar contaxios; polo tanto é inoportuna, pero tamén é cuestionable o feito de que se trate de reunións que se celebrarán presencialmente».
Castiñeira di que só se pode atribuír estas convocatorias a algún interese político pouco claro, ou a maneira de xestionar que corresponde a un goberno que opera con improvisación, sen planificación de ningún tipo e a impulsos e segundo as ocorrencias de cada momento.
O portavoz popular, en canto tivo coñecemento oficial da convocatoria, chamou por teléfono ao presidente da Deputación, José Tomé. Despois da conversación, Castiñeira sigue sen comprender o porque destas convocatorias nun momento no que o Goberno de España arrecia nas súas chamadas aos españois a quedar na casa para evitar contaxios e, pola mesma causa, os desprazamentos están severamente controlados.
Castiñeira di que aínda é máis inexplicable esta convocatoria tendo en conta que os prazos, segundo as disposición emitidas ao fío da crise sanitaria, quedan conxelados.
En todo caso, os populares indican que, se o presidente do goberno provincial mantén, aínda sen motivo, a convocatoria das comisións e da posterior sesión plenaria, unhas e outra deberían celebrarse por vía de videoconferencia ou procedemento similar, máxime tendo en conta que a Deputación dispón dun servizo de comunicación e novas tecnoloxías.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



