Santiago de Compostela, martes 7 de abril de 2020. “Es el momento de dar apoyo real a los autónomos facilitando liquidez, quitando trabas y eliminando cargas fiscales”. Así o asegurou a portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino, tras a reunión telemática que mantivo este martes co presidente de ATA Galicia, Rafael Selectos.
A responsable da formación liberal sinalou que os máis de 200.000 autónomos que hai en Galicia necesitan financiamento urxente para poder facer fronte ás nóminas e outro tipo de gastos. “Nos trasladan que solamente pueden acceder a la mitad del primer paquete de medidas lanzadas por el Gobierno Central y que los créditos que les ofrecen los bancos tienen unos intereses por encima de lo pactado”. Neste sentido, desde ATA Galicia trasladaron unha situación de desprotección cara a estas condutas abusivas por parte de determinadas entidades bancarias. “Nos preocupa que les estén ninguneando e imponiendo criterios excesivos, como la vinculación del crédito a la compra obligada de seguros de vida, algo que es ilegal”.
Pino destacou que os autónomos máis vulnerables pertencen ao sector agrícola e de servizos. “Están en una situación límite. Hay que escucharles y darles soluciones. Vamos a seguir luchando para que el Gobierno devuelva la cuotas a los afectados por el COVID19 y les aplace IVA e IRPF”.
Desde Cs e ATA compartiron a necesidade de que o Goberno protexa aos traballadores máis vulnerables e que teñan en conta a realidade económica de Galicia e España, onde a maioría son pequenas empresas e autónomos. “Nosotros donde gobernamos hemos puesto en marcha medidas para aliviar los problemas de los autónomos. El gobierno debería tomar ejemplo y hacer lo mismo en toda España”.
Pino asegurou que é o momento de dar certezas e apoio aos traballadores. “Desde Ciudadanos seguimos y seguiremos trabajando de manera responsable para proponer medidas al Gobierno para ser más eficaces en la lucha contra los efectos devastadores que este COVID este teniendo principalmente en el sector de nuestros autónomos”



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



