Santiago de Compostela, 14 de abril de 2020. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de augas de Galicia, vén de retomar este luns os traballos de limpeza no tramo interurbano do río Landro, que Augas de Galicia está a executar no concello de Viveiro, e que se viron suspendidas durante as dúas pasadas semanas por mor da alerta sanitaria do COVID 19.
Este traballo iniciábanse o pasado mes de marzo e forman parte das actuacións de conservación fluvial realizadas en febreiro nos ríos Trasposta, Loureiro, As Nogueiras, Loiba e no propio río Landro, no seu percorrido por nove parroquias do municipio lucense.
Así, cos traballos iniciados este luns Augas de Galicia completará as actuación programadas nos case 3,7 quilómetros do río Landro, en distintos puntos das parroquias de Chavín, San Pedro de Viveiro, Landrove, Magazos e Galdo.
As principais tarefas consisten na retirada de árbores, ramas caídas e madeira morta no curso fluvial. Tamén realizaranse desbroces selectivos de especies arbóreas e arbustivas en ribeira e marxes nos tramos nos que o leito do río quede oculto -parcial ou totalmente- pola maleza.
Estes traballos compleméntanse con rareos ou podas en zonas con gran densidade de especies arbustivas, con crecemento e cruzamento cara ao leito, para evitar retención de arrastres de crecidas.
Estas actuacións no río Landro súmanse ás xa realizadas nun tramo dun quilómetro do río Loureiro, en Valcarría e San Pedro de Viveiro; 550 metros do Trasposta en Viveiro -á altura do Camiño do Campo da Urraca-, 270 metros do Loiba en Covas e 600 metros das Nogueiras en Celeiro.
No río Nogueira aplicouse un procedemento para evitar a propagación da especie exótica invasora Acacia Dealbata, xa que se detectaron exemplares caídos ou inclinados sobre o canle. Neste caso, os desbroces reducíronse ao necesario para permitir o tránsito das augas e, ao mesmo tempo, manter as condicións de sombra que dificulten o desenvolvemento desta especie.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén a súa colaboración co Concello de Viveiro e impulsa actuación para a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.





















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



