Viveiro, 11 de maio, 2020. Entre todos os comunicados e roldas de prensa que o presidente Nuñez Feixóo ofrece a diario (asemellándose isto máis a unha campaña electoral que a unha emerxencia sanitaria), informou nun deles que a Xunta ía permitir a apertura dos mercados locais agroalimentarios a partires do 4 de maio. O que se olvidou dicer, e que esto viña con moitas limitacións e impedimentos para os mercados locais, onde o máis destacabél é que tan só poden acudir aqueles postos de persoas titulares da explotación agraria con actividade inscritas na “Sección de Venda Directa” (SEVEDI) do “Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia” (REAGA). Provocando que mercados como os que se celebran en Viveiro, apenas dous postos cumplan cos requisitos e se lles permita vender os seus produtos, aínda a pesares de que estes mercados ofrecen maiores garantías sanitarias que calquer supermercado. Isto provoca que vendedorxs do mercado e produtorxs locais de Viveiro, non poidan vender os seus produtos nos diferentes mercados tradicionais.
Desde o BNG viveirense insistimos novamente na proposta exposta na reunión de voceiras do 24 de marzo á alcaldesa, para que desde o Concello se ceda temporalmente os postos baleiros do Mercado Municipal (Praza de Abastos) para paliar a actual situación dxs praceirxs e produtorxs locais que non poden realizar a súa actividade nos mercados semanais nin darlles saída aos seus produtos de horta. “A rapidez e axilidade é vital en moitos casos, este é un deles, canto máis se tarde en habilitarlles estes postos, máis produtos terán que desbotar creándolles aínda máis perdas”, indica a concelleira do BNG.
Míriam Bermúdez tamén insistiu na creación da Plataforma de venta online conxunta para todo Viveiro, recalcando que “esta plataforma ten que ser municipal, feita desde o Concello para que colla a todo o tecido empresarial, produtivo e comercial de Viveiro; comercios, productores locais, Mercado Municipal… Xa que a pesares do confinamento as ventas por internet non decaeron senon todo o contrario, polo que é preciso que o comercio de Viveiro teña unha gran plataforma web conxunta”. “Se agora que aumentou a compra online dunha maneira exaxerada non é o momento de facer esta plataforma, a ver cando”, pregúntalle á alcaldesa.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



