Santiago de Compostela, 13 de maio 2020. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón critica as formas de Feixóo anunciando, en rolda de prensa, a covocatoria de eleccións sen comunicación previa ás forzas políticas.
Para a nacionalista, Feixóo volve a facer gala da súa “prepotencia e falta de diálogo” e ante a escolla de defender a saúde de todos os galegos e galegas escolle convocar eleccións. Dende o BNG, reiterou, a nacionalista, seguiremos defendendo a “saúde da cidadanía galega”. Na situación de pandemia que estamos a vivir, e coa declaración do estado de alarma “non se dan as condicións sanitarias nin democráticas” exixibles.
Desde hai tempo, explica Pontón, Feixóo ten a intención de facer coincidir as eleccións co anuncio de Urkullo constatando que vai a “rebufo” das decisión de Euskadi. A portavoz nacional do BNG lembra que en Galiza foi asinado un acordo a través dun decreto publicado no DOG para convocar as elección tras o levantamento do estado de alarma, “ni un minuto antes nin un minuto despois”. Desde o BNG continuamos mantendo esa posición. “É unha temeridade e unha irresponsabilidade ” convocar eleccións durante unha pandemia porque ninguén pode garantizar que se produzan novos repuntes na fase de desconfinamento ou no mes de xullo e así llo trasladaremos mañá a Feixóo.



















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



