Estimado amigo: O pasado sábado, na foto dun xornal, olleite con cara de poucos amigos, anoxado. Lin de seguido a información e sorprendéronme as razóns do teu cabreo; pareceume a rabecha dun novato nestas lides, tan pouco prodigadas, que teñen que ver co empeño da loita polo desenvolvemento cultural da sociedade na que un se sente integrado. Digo isto porque ti eres persoa avezada, con un denso e longo “currículum” neste eido, e polo tanto con moitas horas sobrevoando episodios semellantes, de sinalados servicios ó teu pobo de adopción, con repercusións en toda A Mariña, e polo tanto sabedor da actuación de xentes que dende certo poder (que non autoridade), por razóns case sempre inconfesables, aplícanse en poñer atrancos nas rodas daquelas persoas que marchan pola vida coa dignidade da súa independencia persoal e que con toda naturalidade, dende o respeto ós individuos, expresan libremente as súas opinións, referidas á cousa pública, moitas veces non coincidentes coas dos que dirixen o cotarro, convencido como estás que vivimos en democracia…, sen contemplar que moitos deles se aferran ó miserento principio, tan sectario, según o cal “quen non está comigo está contra min “¿Cómo se che ocorre tal?. Pero tampouco penses que ti eres a excepción… eche andacio. Non pode estranarte que, en tais circunstancias, te voltes obxetivo a derrubar.
A dignidade ten un precio e se non estás disposto a pagalo cambia o paso, aínda que algúns aprendimos de ben novos que a adulación denigra por igual ó adulador e ó adulado. Por iso a rexeitamos. Se non o fas así, o mais seguro e que che neguen mesmo a posibilidade do diálogo civilizado, pois xa sabes que ó inimigo, nen auga Logo non te queixes como fixeche agora. Pero, alma cándida ¿cándo vas aprender?. Seguro que coñeces aquel debuxo de Castelao no que un canciño faldeiro, amorosamente tratado pola ama, brilante de tan limpo, ben peiteado e amosando un laciño no curuto da testa, dille ó raposo: “Domestícate, home. Verás que vida mais regalada…” Iste resposta: “Eu non nacín para can” O meu consello: mantente digno e rexeita o can….
Suso Fernández



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



