Santiago de Compostela, 28 de Maio 2020. Pendentes da reunión entre dirección e comité de empresa, en relación ao despido de 500 traballador@s na factoría de ALCOA, o BNG reacciona con urxencia poñendo sobre a mesa dúas propostas para evitar o peche da factoría, a morte de toda unha comarca e un golpe devastador para o sector industrial do país: nacionalización da factoría e tarifa eléctrica galega.
“Propoñemos a intervención pública da empresa, nacionalizar ALCOA para evitar o seu peche e manter a produción e o emprego”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, tras modificar a súa axenda para abordar este asunto capital para Galiza. A líder nacionalista subliñou que a factoría de San Cibrao xa foi unha empresa pública, polo tanto sería facer un camiño inverso, e destacou que a nacionalización de empresas é algo que están facendo os países do entorno europeo como Italia, -precisamente no sector de aluminio-, ou Alemaña onde, coa chanceler Angela Merkel á fronte, se nacionaliza de facto nada menos que a compañía aérea Lutthansa.
“Non podemos permitir que se peche a factoría de ALCOA na Mariña porque iso implica soterrar unha comarca enteira e hai que poñer en marcha toda a presión institucional e social para garantir o futuro do emprego, porque nun momento de crise como o actual é máis relevante que nunca preservar os postos de traballo. Galiza non pode seguir vendo como se desmantela o sector industrial ante a pasividade do Goberno central como da Xunta, nin esta pode ser a primeira nova da desescala”, recalcou Pontón.
A nacionalización, explicou, reúne todos os requisitos desde o punto de vista legal, porque conta co amparo do Estatuto de Autonomía, do marco constitucional e tamén da normativa europea, polo que “estamos falando dunha cuestión de vontade política para manter viva unha comarca”, alegou a candidata nacionalista á Presidencia. O BNG tamén considera que a intervención pública debe aplicarse á antiga ALCOA na Coruña, hoxe en mans dun fondo especulativo.
“Na Coruña tamén hai unha situación moi preocupante pola operación de compra-venda da fábrica avalada polo Goberno central e pola Xunta pero que está chea de incertezas e que require unha auditoría. e debe igualmente ser obxecto de intervención pública para a súa nacionalización se fose necesario para garantir o seu futuro”, explicou.
Mudar o marco enerxético
A segunda proposta que formula o Bloque pasa por mudar o marco enerxético tendo en conta que Galiza é produtora neta de electricidade. “Resulta un disparate que poda pechar unha fábrica precisamente polo custe da enerxía nun país que exporta electricidade, por iso é máis urxente que nunca poñer en marcha unha tarifa eléctrica galega cun status especial para as industrias electrointensivas”, sinalou, unha tarifa que lle permita a Galiza beneficiarse da súa riqueza para producir.
Pontón tamén avanzou que a formación nacionalista vai pedir a comparecencia inmediata do presidente da Xunta ante a Deputación Permanente do Parlamento, “porque estamos ante unha autentica emerxencia”. A líder do BNG reclamou unha acción política urxente e contundente para salvar a produción e o emprego nestas factorías, porque cando está en xogo o futuro dunha comarca e cando a desertización industrial do país non deixa de avanzar non é momento de xogar ao pim-pam-pum con Galiza.
Pim-pam-pum inútil
“É necesario pasar da inacción á defensa do emprego e do futuro da comarca e do país. Veremos ao PP botarlle a culpa ao PSOE e a este sinalar co dedo ao PP, un pim-pam-pum inútil, porque é evidente que uns e outros teñen responsabilidade. Pero nun momento no que o futuro dunha comarca está en xogo, cando están en xogo miles de empregos en Galiza non vale de nada sinalar aos culpables, o que hai que facer é buscar solucións”, recalcou, porque “tanto o Estado como a Xunta deben facerse coas accións da empresa e, desde aí, buscar unha solución de futuro que pasa por seguir fabricando aluminio no país”, sintetizou Pontón.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



