Burela, 16 de xuño, 2020. Nas últimas datas foron publicadas na prensa, sen nin sewutera notificar oficialmente ós concellos, as axudas concedidas pola Xunta de Galiza ós concellos para o servizo de socorrismo. Para Mario Pillado, voceiro do BNG en Burela, “as formas e o fondo son inaceptables con respecto a esta subvención por parte da Xunta. Este novo recurte non fai mais que confirmar unha tendencia á baixa en canto ás aportacións da administración autonómica con respecto ó Concello de Burela e á Mariña en xeral”.
Pillado continuou sinalando que “en todo caso e vista a situación da contorna, o noso Concello atópase nunha situación aceptable para dar o servizo con garantías, tendo en conta a realidade da vila en canto a número de areais e dimensións dos mesmos. Non serve de nada perderlo tempo en seguir lamentándonos, o goberno local debe inicialo proceso de contratación inmediatamente para que o servizo comece canto antes”.
O voceiro do bloque propón que “se complete o servizo cos profesionais que sexan necesarios, cremos que os seis concedidos pola Xunta mailos dous que se contraten con cargo ó plan único, se debe fixar un obxectivo de dez traballadores, ampliables na medida do posible”. Mario Pillado indicó que “somos conscientes da dificultades que pode existir para atopar socorristas, polo que tamén propoñemos como alternativa, se fose necesario a contratación de auxiliares de reforzo do servizo, xa se trate de persoal de enfermería ou ATS’s”
Trala celebración do Comité de Praias, o BNG propón reforzalo control das medidas de seguridade derivadas do Covid19 nos areas da vila
Despois do Comité de Xestión de Praias celebrado o pasado xoves 11 de Xuño, no que se explicaron as medidas de seguridade para os areais recollidas na nova normativa derivada do Covid19. En verbas do voceiro nacionalista “instamos ó goberno local a que reforce o control destas medidas de seguridade con persoal de departamentos asimilables como poidera ser os de obras ou protección civil, contando evidentemente coa aprobación dos servizos técnicos municipais. É certo que a capacidade dos concellos é reducida pero cremos que se debe chegar o mais lonxe posible polo ben do conxunto da veciñanza





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



