Madrid, 30 de xuño, 2020. O portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, pediu á ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz,“ya que si quiere puede hacerlo, que desde su posición como miembro del Gobierno y de gallega, haga todo lo posible y más, en la defensa de los trabajadores de Alcoa”.
Barreiro referiuse así, tras preguntar a Díaz na sesión de control ao
Goberno, celebrada esta tarde no Senado, sobre “si sigue manteniendo la
Ministra de Trabajo y Economía Social su palabra en la defensa de los
puestos de trabajo en Alcoa, cómo hace unos meses”.
Nesta liña lembroulle tamén á ministra que, “además mantenía una actitud reivindicativa con respecto al anterior Gobierno del PSOE, en relación al mantenimiento de los puestos de trabajo en Alcoa; ¿usted mantiene esa posición reivindicativa ahora que está en el Ejecutivo?”, preguntou o senador galego do PP.
Así, tras a resposta da ministra na que dixo que non ten competencias nesta materia, Barreiro lembroulle que “el Gobierno es un órgano colegiado y por lo tanto sí que tiene competencias”. A continuación, o portavoz adxunto dos populares dirixiuse á ministra Díaz preguntándolle se abdica da súa responsabilidade como membro deste Goberno ou non; “porque si no abdica, tiene que mantener los postulados que defendía antes de entrar en el Ejecutivo”.
Do mesmo xeito, José Manuel Barreiro lembrou como en febreiro de 2019, a propia Yolanda Díaz,“ya le decía a la ministra de Industria, Reyes Maroto, que era muy hábil la señora Maroto, porque trasladaba su
responsabilidad al principado de Asturias y a la Xunta de Galicia en este
asunto, cuando sabía que las comunidades no tenían competencias en esta materia”.
“Este Gobierno tiene un problema patológico de amnesia y que se contagia; empieza por el presidente y se lo traslada a todos los miembros del Ejecutivo porque, una vez que se sientan en el sillón del Gobierno, se olvidan de todo lo dicho anteriormente, antes de formar parte de éste”.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



