Cervo, 3 de xullo, 2020. O Concello de Cervo xa realizou as probas de selección dos 6 socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas na Praia do Torno este verán.
A proba consistiu nun rescate de vítima e remolque ata a praia e reanimación cardiopulmonar.
O 6 socorristas seleccionados incorporaranse o próximo martes ao seu posto de traballo na Praia do Torno, con bandeira azul, en quendas de mañá e tarde.
O edil de Turismo, David Rodríguez, recorda que moito antes de que nos concederan a bandeira azul que marca a obrigatoriedade deste servizo, a finais do mes de maio “decidimos emprazar aos socorristas municipais da piscina nesta praia coincidindo coa chegada do bo tempo, e co alivio das medidas de restrición do COVID-19 en Galicia”
Así mesmo, Rodríguez recorda o protocolo de salvamento e seguridade que se deseñou en coordinación co Servizo Municipal de Emerxencias, de tal xeito que se dotou aos socorristas de balóns de ventilación, de gafas protectoras especiais e de equipos de protección individual para cada técnico para que poidan realizar as intervencións de primeiros auxilios, se se dese a circunstancia, con todas as garantías tanto para o suposto lesionado como para o propio socorrista; coa máscara como elemento obrigatorio ante a imposibilidade de manter a distancia, nestes supostos. Os socorristas tamén dispoñen de xeles desinfectantes e demais material específico contra o COVID-19.
Así mesmo, tamén se instalaron carteis informativos en todas as praias do municipio nos que se lles recorda ás persoas usuarias a importancia de manter a distancia de seguridade tanto sobre a area como no baño, que eviten que as crianzas contacten con materiais e con outras persoas, que non practiquen deportes colectivos no areal e que, se detectan algún síntoma, que abandonen a praia.
Desde o Concello de Cervo pídenlle á cidadanía que goce dos diferentes areais que ten o municipio, pero sempre con responsabilidade, e seguindo as recomendacións de Sanidade.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



