O debate da CRTVG do 29 de xuño amosou de vez a existencia dunha alternativa plural (tripla) e ben definida fronte ao PP de Feijóo; non son dez partidos- como dixo o dos Peares- os que lle desputan o mandato, senón tres forzas electorais ben estruturadas e definidas e de fasquía distinta, dentro do común progresismo. Porque é evidente que ao BNG, PSdeG e Galicia en Común custaríalles menos de dúas horas porse dacordo nun programa potente para os vindeiros catro anos canto á potenciación dos servizos públicos sanitarios, educativos, sociais e de dependencia e coidados, á promoción do desenvolvemento empresarial dende parámetros de respecto polo territorio e ambiente e á defensa da nosa lingua e cultura.
Mais a regra D´Hondt é deturpante a respecto da vontade da cidadanía galega. Pensemos que no 2005 PSdeG e BNG xuntaron 134.000 votos máis ca o PP e só tiveron 38 deputados fronte aos 37 populares. No 2009 BNG e PSdeG xuntaron 5.000 votos máis ca o PP e tiveron un deputado menos (38 vs. 37 deputados).
O problema é que non se pode loitar electoralmente contra dunha forza por riba do 40-42% (mínimos que atinxirá o PP o 12-X) desde tres forzas que acadan valores superiores ao 8% e inferiores ao 20%. Collan o número de deputados polas catro circunscricións (25 pola Coruña, 22 por Pontevedra e cadanseus 14 por Lugo e máis por Ourense) e verán como a alternativa plural de centro-esquerda pode facer un pan coma unhas hostias de non ser que haxa unha forza que acade unha certa diferenza a respecto das demáis, como pasou no 2005.
Nesta andaina, das tres forzas políticas atinxidas para gañarmos a alternativa, PSdeG e Galicia en Común seguen o ronsel institucional dun Goberno do Estado recentralizante e pouco coñecedor dos problemas deste País. Velaí que a tendencia que se está a abrir nas enquisas (que o BNG de Ana Pontón poida dar o sorpasso non só a respecto de Galicia en Común, senón mesmo a respecto do PSdeG) e consolide unha certa vantaxe a respecto do PSdeG pode moi ben ser a derradeira posibilidade de cambio galego o vindeiro 12-X.Porque repenicar o esquema do 2016 (14 deputados á segunda forza, 14 á terceira e 6 á cuarta) leva nidiamente aos 41 deputados do PP, maioría absoluta a respecto dos 75 deputados do Parlamento de Galicia.
O 12-X, na escolla das tres forzas políticas que son alternativa ao PP, un substancial incremento das escollas a prol de Ana Pontón (BNG), como Presidenta alternativa preferida nas enquisas, pode definir a saída de Feijóo da Xunta cun aforro a respecto do panorama debuxado nas últimas enquisas dalgunhas ducias de milleiros de votos.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



