Lugo, 6 de xullo, 2020. As limitacións que a crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19 impón á vida social ten unha moi forte incidencia en moitos sectores da economía lucense. Un dos máis afectados é o das orquestras, pola suspensión de festas e verbenas. As da provincia de Lugo atravesan un momento tal difícil que incluso algunha podería chegar a desaparecer. O PP lucense, presidido por Elena Candia, xa ten manifestada a súa sincera preocupación pola situación na que se atopan estas agrupación musicais. En consecuencia, os populares cren que é preciso establecer algunhas liñas de axudas para as orquestras lucenses. Neste sentido, o grupo provincial popular, que ten por portavoz a Javier Castiñeira, presentará unha iniciativa na Deputación co fin de que este organismo abra una liña de axudas directas a estes colectivos, que en Lugo son máis de vinte e acollen a moitos instrumentistas saídos das escolas de música.
Castiñeira mantivo unha conversa telefónica con Manuel Fariña, presidente da Asociacións de Orquestras de Galicia. Coñecida a situación do sector, o portavoz popular anunciou a presentación dunha iniciativa na Deputación. Sinala que o organismo provincial ten en Cultura partidas para financiar festas que, debido á covid-19, non se celebrarán. Os cartos que non se gasten neste fin, deben ser, segundo indica Castiñeira, convertidos en axudas directas ás orquestras; non tería ningún sentido -di o portavoz popular- que, tendo tantas dificultades as orquestras, os cartos non gastados nas festas pasaran a engrosar o remanente da Deputación.
A preocupación do PP lucense polas orquestras non é nova. En abril do 2019 defendeu e sacou adiante unha moción na Deputación con dous obxectivos: por un lado, que o organismo provincial mostrara o seu apoio ao recoñecemento das festas parroquiais galegas como Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia na súa categoría de Ben de Interese Cultural. Por outra parte, que a Deputación colaborara coa Asociación Galega de Orquestras e promocionara e divulgara a recollida de sinaturas para apoiar a solicitude de que as festas parroquias galegas sexan recoñecidas como Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.
A situación das orquestras de Galicia é tan difícil que nos próximos días participarán nunha manifestación en Madrid para solicitar apoio institucional, para poder sobrevivir a crise do sector provocada pola pandemia.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



