Mondoñedo, 6 de xullo do 2020. Tendo en conta as informacións dadas pola Xunta de Galicia na que anunciaba a reapertura dos Centros de Día a partir do 15 de xullo, o BNG de Mondoñedo pide explicacións e pregunta que autoridade deu o visto bo para que o Centro de Día da localidade mindoniense reabrira a as súas portas despois do día 1.
“Non sabemos a que se debeu este adianto.”
Segundo o BNG, a Xunta de Galiza anunciou o pasado 2 de xullo a autorización da reapertura dos Centros de Día públicos e privados a partir do 15 de xullo, sempre que conten cun protocolo específico de reactivación aprobado pola correspondente área sanitaria, por iso que os nacionalistas non entenden que o centro de Mondoñedo estivera aberto xa desde o pasado día 1.
Segundo o voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, o Centro de Día volve a estar pechado desde o día hoxe pero a semana pasada houbo dependentes usuarios do centro que eran recollidos nas súas casas polo vehículo adaptado propiedade do concello pola mañá, comían no centro, e non volvían ao seu lugar de residencia ata a tarde.
“Oficialmente a Xunta só lle permite aos centros prestar atención terapéutica individual con cita previa así que entendemos que o servizo que se estivo dando estes tres primeiros días do mes en Mondoñedo excedeu do pautado”.
Eloi pregúntase tamén se o persoal encargado de dar o servizo no centro ten rematado os cursos de formación ofrecidos pola Xunta e se teñen os equipos de protección individual necesarios para que os traballadores e usuarios poidan contar coa máxima seguridade.
“O BNG xa leva días solicitando a apertura dos centros canto antes e que se faga con garantías pero parécenos moi chocante que mentres máis de 14.000 persoas usuarias de Centros de Día de toda Galiza seguían esperando para poder recibir atención, en Mondoñedo a Xunta permitise este servizo desde o día 1”.
Para o BNG, “a Xunta e o concello deberían dar explicacións para aclarar o que pasou coa reapertura anticipada do centro e se unha vez pasados estes cinco dias de restricións debido ao rebrote do COVID-19 na Mariña vai volver a abrir ”.
O Centro de Día San Rafael de Mondoñedo encóntrase situado nun edificio anexo á residencia de maiores, foi inaugurado en abril do ano 2017 e está xestionado pola ONG Edad Dorada Mensajeros de la Paz.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



