Lugo, 9 de xullo, 2020. O grupo provincial do PP, que ten por portavoz a Javier Castiñeira, expresa o seu “máis contundente rexeitamento á inxustificable política do medo que están aplicando socialistas e nacionalistas con respecto as eleccións do próximo domingo a conta do rebrote, xa baixo control, dos contaxios por covid-19 na Mariña”. Castiñeira di que PSOE e BNG pretenden utilizar politicamente, con fins claramente electorais, un problema que “non se pode politizar”.
Castiñeira sinala: “En representación de centos de concelleiros desta provincia e dos 30 alcaldes populares de Lugo, lamentamos de verdade o uso partidista e político das institucións que están facendo o Partido Socialista e o BNG en conxunto; un comportamento que creo que obedece a unha dinámica proposta por Caballero e por Pontón”.
Para o portavoz popular, un claro exemplo do que di “é o señor Cajoto, alcalde socialista de Foz e presidente da mancomunidade (tamén outros alcaldes de PSOE e Bloque) que está pedindo que non se vote na Mariña; di falsamente que non se dan as condicións, pero non parece que lle importe que no seu concello se poida ir a tomar unha cervexa a un bar cumprindo os requisitos, ao supermercado ou facer calquera outra actividade cotiá que posiblemente teña máis risco que ir votar o domingo, porque é un acto que está altamente protocolizado, para velar pola seguridade dos que votan e dos que teñen que controlar a votación”.
Como exemplo da mesma dinámica impulsada por socialistas e nacionalistas, Castiñeira cita “ao señor Iago Villamil, concelleiro do BNG en Foz, que fala como médico do Hospital da Costa, de cousas internas, que entendemos que se deben solucionar cos protocolos internos do Hospital; o resto é propaganda política”. Tamén di o portavoz popular: “Se actúa como voceiro do BNG no Hospital, o señor Villamil debe dicilo claramente; e se actúa como médico, faga o que ten que facer, e déixese de demagoxia, da política do medo e prime a liberdade e que a xente vai a votar en absoluta liberdade e coa seguridade de que o vai poder facer da forma máis segura”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



