BARREIROS .- O BNG de Barreiros acusa de desleal ao alcalde por non executar os avais dos construtores e así mellorar o abastecemento de auga do concello.
O voceiro do BNG no Concello de Barreiros, Antonio Veiga considera que “os veciños hoxe levantáronse cunha mala noticia. Nós xa advertíramos que isto podía ocorrer porque levamos practicamente dous anos e medio co convenio para o abastecemento da auga aprobado, pero todas aquelas estipulacións que se recollían no convenio non foron cumpridas”. O edil nacionalista di que “só hai unha mínima parte dos construtores que cumpriron coas súas obrigas, que si cumpriron co Concello e cos veciños de Barreiros, e desde o BNG queremos felicitar a esas persoas que mantiveron a súa palabra e as súas propostas a pesares da crise económica, que parece ser que non lles afecta a todos por igual”.
Veiga Outeiro asegura que “este desenlace xa previsto si traerá consecuencias moi negativas para o Concello de Barreiros. Nós en todo este proceso defendemos sempre que primeiro teñen que estar os servizos e despois os edificios, e non é unha muletilla nin unha frase retórica é así de sinxelo. O que pasa é que desde o Concello de Barreiros non se quixo cumprir nunca con esta máxima. Non sabemos polo tanto que intereses está a defender o señor alcalde Alfonso Fuente Parga. Dicir tamén que a súa actitude é desleal cos grupos da oposición e cos veciños, dado que en maio o BNG ao igual que o resto dos grupos da oposición asistiu a unha reunión cos promotores e co alcalde e demonos un prazo ata outubro (a petición dos construtores) e entendemos que si se podía esperar ata este mes e que sería agora cando se executarían os avais”. O edil nacionalista engade que “do dito ao feito vai un 65 ou un 70 e pico por cento, pois hai practicamente un 30% de avais ingresados aínda que en novembro de 2007 o alcalde requiría a todos os promotores que si isto non se cumpría acudiría á vía executiva, e de todo iso non se fixo nada”.
¿Onde están os cartos?
Antonio Veiga non sabe “como cun pouco máis dun millón de euros dun orzamento que era de 3,6 millóns que é o que pretende facer a alcaldía de Barreiros porque iso senón se fai na súa totalidade pouco podemos solucionar. Tampouco a postura de esperar a que mellore a crise económica é algo que nos vai dar bo resultado porque si o PP, si o alcalde Alfonso Fuente en época de bonanza económica no 2006 cando ingresou 1.990.000 euros por licencias non foi capaz de xestionalos para que iso revertera en servizos… non sei moi ben en que se gastaron ese cartos”.
O concelleiro nacionalista considera que si noutra época de bonanza económica “cando se asinou este convenio por importe de máis de 3,5 millóns de euros tampouco os soubo xestionar díganme vostede e reflexionen sobre dun alcalde ao que lle poñen máis de 5 millóns e medio de euros nas mans en total ¿que alcalde na Mariña e en Galiza deixa o seu Concello igual que estaba ou peor que estaba antes de chegar el?. Eses 5 millóns non sabemos a onde foron. O que ten que facer o alcalde é responder a isto e deixarse de xogar ao trile que iso é o que está facer cos veciños de Barreiros e cos partidos da oposición”.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



