Ribadeo, 30 de xullo de 2020. O Concello de Ribadeo requírelle á Xunta de Galicia que, antes do 15 de agosto, se manifeste sobre a colaboración no financiamento do proxecto de arranxo e acondicionamento da estrada dos Garitos, proposta que foi levada ao pleno desta semana. O alcalde, Fernando Suárez, lembra que se trata dunha solicitude que deriva dunha moción presentada polo PP, aprobada por unanimidade en pleno, e que os traballos a executar son moi urxentes polo grave risco para a seguridade dos viandantes que supón o estado actual da vía.
O rexedor dixo que “foi interesante a proposta da alcaldía, que se someteu a debate no pleno ordinario pasado, para pedirlle á Xunta que conteste á maior celeridade se está en disposición de financiar ou ben de cofinanciar as obras de arranxo de acondicionamento da estrada dos Garitos, este vial paralelo á vía de Feve”.
Suárez Barcia lembrou que “a principios de ano aprobouse unha moción do Partido Popular precisamente para que o Concello amañase este vial e ao final todos os grupos, o PSOE e o BNG, acordamos solicitar da Xunta de Galicia axuda para facelo, e o caso é que desde febreiro a Xunta non deu palabra. Despois de enviarlle o acordo unánime do pleno, despois de enviarlle requirimentos formais, despois de consultarlles telefonicamente, non confirma nada de nada”.
O alcalde de Ribadeo subliñou que “este vial é moi usado sobre todo polo transporte pesado, adoece desde hai moitos anos dunha falta de reparación e de ampliación considerable, e hai que ter tamén en conta que o vial é titularidade do sistema ferroviario estatal, polo que desde o Concello estivemos traballando desde aquel entón sen descanso para alcanzar un acordo con Feve para que nos ceda os terreos deste vial para ter disposición plena deles e poder facer esta obra”.
Fernando Suárez engadiu que “resta agora o máis importante que son os cartos para facela, polo que queremos ver se a Xunta se queda só en predicar ou tamén vai dar trigo, aínda que sexa bastante tarde para atender as peticións do PP de Ribadeo de ter arranxado este vial neste ano, para o que deberíamos licitar xa as obras, cousa que non podemos mentres non teñamos garantida a financiación. Polo tanto o que lle queremos pedir, e o que todos acordamos unanimemente no pleno, é pedirlle encarecidamente á Xunta de Galicia que nos resposte antes do 15 de agosto para non incumprir o desexo do PP de Ribadeo, que quería que se fixeran estas obras neste ano. Pero, claro, as cousas sen cartos non poden ser”.






















A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



