RIBADEO (FNC) .- Quedaron rotas as negociacións do convenio colectivo entre sindicatos, comité de empresa e goberno municipal. O alcalde, Fernando Suárez, anuncia que aplicará a lei de orzamentos do Estado que para este ano prevé un incremento salarial do 0’3%.
O rexedor explicou que “despois de ter negociado durante bastante tempo co persoal funcionario, co persoal laboral do Concello a través dos seus representantes, dos seus sindicatos, a través do comité de empresa… desde o goberno municipal e desde esta alcaldía en particular estivemos traballando e negociando con toda honestidade e co ánimo de chegar a un acordo, pero os sindicatos están nunha situación absolutamente fora da realidade, non saben por onde andan, non son quen de recoñecer a situación económica global”. Suárez Barcia manifestou que “os sindicatos nesta última xuntanza romperon todas as negociacións e nós dámolas por rotas porque o que non pode ser é que os sindicatos pretendan que un goberno municipal como o de Ribadeo ao que lle toca xestionar un Concello cunha situación económica fastidiada, como a que viven moitos Concellos, nos pretendan impoñer absolutamente todo. Todo o consideran dereitos, non consideran para nada ningún deber e non nos parece axeitado para os intereses dos veciños e veciñas deste concello que esto sexa un trágala e estimarlles todo canto eles nos querían propoñer”.
RPT
O alcalde lembrou que “hai dous anos encargamos unha relación de postos de traballo á Universidade de Santiago para que nos fixese un estudio sobre si os traballadores cobraban satisfactoriamente ou non e revelou algúns datos que a moitos sindicalistas non lle gustaron nada, pero esa non é a nosa culpa. Despois ao comité de empresa nesta última xuntanza dun total de 10 propostas que nos presentou desde o goberno municipal con moito esforzo estimámoslle 7, pero nin con esas conseguimos que o comité de empresa votara favorablemente o que inicialmente parecía que ían aceptar. Dous dos tres sindicatos se desmarcaron e dixeron que non estaban vinculados para nada con ningún tipo de acordo”.
Fernando Suárez suliñou que “diante da falta de acordo e diante da imposibilidade de acceder a todos os requisitos que os sindicatos nos pedían, desde o punto de vista presupostario e tendo en conta a situación económica do Concello e global, o goberno municipal vai propoñer nos presupostos deste ano os incrementos previstos na lei de orzamentos do Estado e nada máis. E ao mesmo tempo advirto que adoptaremos as medidas acordes en relación coa finalidade de garantir maior eficiencia e eficacia no que son as relacións laborais no Concello de Ribadeo”.
O alcalde deixa “aberta a vía de negociación para chegar a un acordo no convenio colectivo, pero eu non sei o que pensan os representantes dos traballadores que moitas veces penso non teñen diálogo con eles. As propostas que con moita dificultade estábamos dispostos a aceptar e que nos cuspían na man, por dicilo dalgún xeito vulgar, eu non sei en que país viven nin en qué momento económico están porque moita xente en Ribadeo cobran salarios que poden ser un tercio ou unha cuarta parte do que perciben moitos traballadores do Concello, e eso é algo moi grave e eu como alcalde de todos os veciños e veciñas de Ribadeo non podo entrar polo aro de todas as proposicións, moitas veces indecentes que me fan”.
O rexedor ribadense apuntou “creo que tiveron algunha xuntanza entre eles a posteriori e que dalgunha maneira estaban esperanzados en que dentro dun ano a situación política puidera cambiar e que o goberno puidera ser outro para así xa negociar con máis calma co novo goberno. Eu debo dicir que polo ben de Ribadeo ningún goberno debe entrar a aceptar unha serie de condicións leoninas moito máis aló das que nós estábamos dispostos a acadar con moito esforzo e sacrificio para buscar unha paz social e laboral no Concello de Ribadeo. Dous non acordan si unha parte non quere e nós con dor de corazón non imos entrar polo aro por todas as condicións leoninas de só pretender que aceptemos os dereitos e que da outra parte non acepten ningún deber adicional”.
Productividade
Fernando Suárez puxo un exemplo das pretensións dos sindicatos e do comité de empresa, “hai un exemplo concreto que nós tamén quixemos regular dado que temos informes de intervención que reparan mes a mes as nóminas xa desde hai anos, e queríamos propoñer un reparto con criterios obxectivos da productividade dado que se está a repartir de maneira lineal… e tampouco lles vale. Cando non vale nada o que imos facer é aplicar a rajatabla a lei de orzamentos do Estado, que para este ano recolle unha suba do 0’3% e sanseacabó”.























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



