Cervo, 6 de agosto, 2020. O Concello de Cervo quixo ter un detalle con cada un dos nenos integrantes do grupo infantil municipal de teatro PimPim, que este ano non puideron desfrutar da actividade que dirixe e imparte a edil de Cultura, Dolores García Caramés, dada a crise sanitaria motivada polo COVID-19.
Neste senso, Caramés, entregou no día de hoxe no domicilio de cada un dos 50 pequenos que participan no obradoiro, un agasallo que inclúe unha toalla de praia personalizada co logo do grupo, unha bolsa de chuches e unha funda porta-máscara antibacterial para que os nenos poidan gardar e manter protexida o seu cubreboca neste verán.
Recordamos que o obradoiro de teatro está dirixido á rapazada de entre 6 e 16 anos, que se xuntan cada venres na Casa da Cultura para pasar un anaco divertido ao tempo que van adquirindo habilidades de comunicación a través de diferentes xogos e actividades.
Como colofón do curso, cada mes de xuño os nenos representan a obra que ensairaon durante meses; pero que nesta ocasión, dadas as circunstancias excepcionais, non puideron preparar nin presentar ao público.
Xa estamos desexando que comece o novo curso para poder gozar de novo deste grupo de teatro infantil cun reparto de luxo!


























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



