Lugo, 13 de agosto de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo esta tarde unha xuntanza de coordinación cos mandos da Garda Civil e a Policía Nacional na provincia de Lugo para analizar as novas directrices aprobadas pola Xunta de Galicia sobre a xestión e control do COVID-19. Na xuntanza, celebrada esta tarde na Subdelegación do Goberno, participaron o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias, e o comisario xefe provincial da Policía Nacional, José María Esteban Corral.
A reunión foi convocada pola subdelegada para coordinar a actuación das forzas e corpos de seguridade do Estado na provincia, tendo en conta as novidades introducidas e tratando de velar polo cumprimento do establecido pola Xunta no territorio da provincia de Lugo.
Os responsables da Policía Nacional e da Garda Civil lembraron que ambos os dous corpos de seguridade veñen traballando con intensidade durante as últimas semanas na provincia, logo do remate do estado de alarma sanitaria, ao tempo que insistiron no seu compromiso para manter e intensificar a súa acción tras a entrada en vigor das novas medidas.
Así llo trasladou tamén a subdelegada do Goberno, que fixo especial fincapé no reforzo dos posibles dispositivos durante a vindeira fin de semana, nunhas datas nas que se rexistra o maior número de actividades festivas de todo o ano, co que supón de concentración de persoas na meirande parte dos concellos da provincia.
Tendo en conta a previsión de numerosas reunións familiares e festivas durante esta fin de semana, ademais de insistir en medidas como a obrigatoriedade do uso da máscara, tamén se tratou sobre a organización, por parte da Garda Civil, da posta en marcha de operativos para o control do tráfico e de alcoholemia xa que se prevé a posibilidade de que se produzan desprazamentos por estrada para gozar de actividades de ocio nocturno.
Ademais, na xuntanza abordouse a necesitade de extremar todas as medidas relativas ao cumprimento da distancia social, así como as recomendacións en materia de protección sanitaria. Neste sentido, considerouse necesario facer unha apelación á cidadanía para manter a necesaria e imprescindible responsabilidade individual para seguir avanzando na loita contra o COVID-19.
A subdelegada do Goberno destacou que “temos que ser quen de cumprir as normativas e recomendacións sanitarias para non ter que retroceder polo feito de querer ir moi a présa”. Así, explicou que aínda queda moito por facer e lembrou que é imprescindible non baixar a garda porque a batalla contra o coronavirus non acabou.
Ademais, a subdelegada reiterou a súa gratitude e recoñecemento polo gran esforzo desenvolvido durante todos estes meses a todos os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Policía Nacional, Policía Nacional Adscrita, Garda Civil, policías locais, así como ás agrupacións de Protección Civil da provincia de Lugo, aos que eloxiou polo traballo realizado tanto durante o estado de alarma sanitaria como durante o proceso chamado de nova normalidade, no que as competencias e responsabilidades da xestión sanitaria recaen directamente na Xunta de Galicia.
Rodríguez recalcou que o seu compromiso coa sociedade lucense demostra, unha vez máis, que constitúen un piar básico do noso Estado de Benestar, ademais de ser garantes da seguridade individual e colectiva. “Son un exemplo de rigor e de profesionalidade que merece o noso recoñecemento”, manifestou a subdelegada, ao tempo que lles pediu que sigan a manter o mesmo nivel de responsabilidade e dedicación ao benestar da cidadanía.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



