Pode que non o coñezas: non foi político, nin artista, nin celebridade mediática… mais a súa influencia a nivel Galicia non é desprezable.
Coñecín a Javier Novelle no ano 2000. Coñecímonos. Ou máis ben, deba dicir coñeceume: preparando el a 5ª edición do Día da Ciencia na Rúa, tivo noticia da Feira da Ciencia que mantíñamos no daquela IFP Porta da Auga e achegouse a Ribadeo para ollar a nosa VI edición e invitarnos a participar na Coruña. Dende aquela, non faltou a participación ribadense na festa científica coruñesa ata o día de hoxe: foi o comezo dunha amizade na que el, sorridor empedernido, desbordante de vida co seu ímpeto calmo, puxo o comezo, e agora, o final.
Morreu hai un par de días, xusto a piques do seu setenta cumpreanos, pero moitos anos despois de que a súa vitalidade quedara para min impresa na constatación da amizade. Era difícil non facerse amigo del a pouco trato que se tivera. Podías comezar relacionándote con el a nivel profesional, como foi o meu caso, mais, animado, xeneroso, activo, de seguida pasabas a ser cómplice da súa amizade.
A súa vida vese malamente compendiada na introdución do artigo que lle adica a Galipedia: “Francisco Javier Novelle Secades, nado en Teberga (Asturias) o 15 de agosto de 1950 e morto na Coruña o 14 de agosto de 2020, foi un activista difusor científico e profesor que desenvolveu a súa actividade en Galicia.” Malamente non porque non sexa reflexo da realidade, senón porque un relato referenciado como o que é necesario na Galipedia non é capaz de reflectir toda a vivez dunha vida na que a súa actividade cara á sociedade non pode separarse das vivencias internas, dos amigos, do desenvolver diario. Pode poñerse nun artigo enciclopédico o seu cariño pola terra natal, algo íntimo, lugar onde se sentía a gusto e retornaba unha e outra vez? Non. Todo o máis, pode poñerse algo como que gustaba de visitala. Hai unha diferencia grande que calquera que teña sentimentos parellos pode recoñecer.
Profesor no IES Calvo Sotelo de A Coruña, ós seus alumnos tíñaos presentes de continuo, pero será coñecido e recoñecido polo impulso que levou ó Día da Ciencia na Rúa ó que é na actualidade: un referente galego de difusión científica. Pode dicirse que, como instrumento, tiña a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, da que entrou a formar parte na súa primeira directiva aló polo 1993, rematando como presidente o día da súa morte. E, dentro da asociación, cousas como as visitas periódicas a diferentes lugares da xeografía galega, sexa para recoller cogomelos, empaparse da historia dun lugar, estudar a xeoloxía dunha zona, entender o funcionamento dun laboratorio, dar un paseo sentido por unha fraga… ou moitas outras, deron impulso a un núcleo non só de amizade, senón de coñecemento e transmisión de vitalidade ás persoas e ó entorno. E non foi a única asociación na que puxo o seu gran de area. Distinguindo ben os campos de actuación, tamén foi presidente e impulsor da Asociación de Ensinantes de Fabricación Mecánica.
O mesmo que un artigo enciclopédico ten uns límites estritos, unha pequena semblanza tamén ten limitacións: non pode traer á persoa con todas as súas luces e sombras, e menos aínda a riqueza dunha vida. En algún lugar hai que cortar, sabendo que non se chega amosar nin a putna do iceberg.
Javier, mentres a terra non cubra ós teus amigos, seguirás vivo. E despois, os efectos das túas obras han continuar relevantes aínda por moito tempo.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



