Mondoñedo, 18 de agosto de 2020. A Confederación de Espeleología y Cañones (C.E.C.) custodia, en colaboración co Concello de Mondoñedo e da Federación Galega de Espeleoloxía (F.G.E.), os fondos documentais da espeleoloxía española no Centro Español de Documentación Espeleológica (C.E.D.E.) situado no Pazo de Santo Tomé, en Mondoñedo. Con motivo do inicio dos traballos para catalogar e crear unha base de datos con todos os fondos que garda este centro, na mañá de hoxe visitaron as instalación do centro o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e a primeira tenente de alcalde, Elena Candia, deputada autonómica. No municipio da Cova do Rei Cintolo, a creación deste servizo consolida o carácter de Mondoñedo como destino turístico con interese espeleolóxico, en cuxa promoción traballa activamente o Concello.
O centro abriu as súas portas cun total aproximado de 3.000 volumes, aos que hai que sumar as diferentes donacións que durante todo este tempo estiveron chegando ao mesmo. Unha das primeiras actuacións que precisa o C.E.D.E. é catalogar e crear una base de datos de todo o que está nestes fondos. Esta tarefa comezou, grazas a una subvención outorgada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. É este un gran proxecto que nace no ano 2019 e que ten por obxecto centralizar a documentación histórica e futura da actividade espeleolóxica, para poder poñela a disposición do conxunto da sociedade española.
Dende o pasado día 10 de agosto a empresa Unayta, que conta con ampla experiencia na xestión arquivística, leva a cabo este traballo de catalogación dos fondos do arquivo espeleolóxico. Esta acción é necesaria, é supón un primeiro paso para conseguir o obxectivo marcado: dixitalizar todo o fondo de exploracións e actividades da espeleoloxía española ao longo dos anos. E con este obxectivo, desde a C.E.C., a F.G.E. traballan en colaboración do Concello de Mondoñedo.
Entre os fondos deste centro figuran máis de 3.500 publicacións de espeleoloxía, entre elas, libros e revistas procedentes de todo o mundo, así como informes, planos topográficos, carteis, fotos e documentación en soportes como CD ou DVD. Igualmente, ten fondos da biblioteca da Confederación de Espeleología y Cañones e da Federación Galega de Espeleoloxía. Entre outras procedencias, conta con documentos de Romanía, Polonia, Brasil, Canadá, México, Alemaña e Portugal.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



