Mondoñedo, a 26 de agosto de 2019. No que vai deste mes de agosto, a Cova do Rei Cintolo tivo 572 visitas. Consciente do interese que esperta este recurso natural e todo canto rodea á espeleoloxía, o goberno municipal de Mondoñedo, agora presidido por Manuel Otero, leva anos traballando para consolidar o municipio como destino turístico vinculado a esta modalidade. Esta mañá, o alcalde e a concelleira de Cultura, Elena Candia, mantiveron unha reunión co presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Francisco Martínez García, coa que o Concello mantén un convenio desde o 2016 polo que esta entidade se encarga das visitas guiadas á cova. No encontro de hoxe abordáronse novas iniciativas, entre as que destacan una nova opción dentro das visitas guiadas á Cova e o proxecto do Espeleoparque da Mariña Lucense que promove a Federación Galega de Espeleoloxía.
Os representantes do Concello expresaron á Federación o seu apoio e compromiso de traballo para a creación do Espeleoparque da Mariña Lucense. Este proxecto, segundo explicou o presidente da citada federación deportiva, incluiría recursos de diferentes municipios, tales como karst puro da Cova do Rei Cintolo, karst granítico da zona do río Tronceda, furnas mariñas en distintos municipios lucenses, minas e o Centro de Interpretación da Prehistoria do Vilar. A posta en práctica desde proxecto podería incluso chegar a derivar na creación dun xeoparque nesta zona lucense.
En canto ao novo itinerario guiado na Cova do Rei Cintolo hai que sinalar que, polas súas característica, será máis deportivo e só poderán participar persoas maiores de 18 anos. Hai que recordar que no pleno do pasado mes de xullo aprobouse unha modificación da normativa que regula as visitas, para ampliar o seu número. Este novo tipo de visitas “deportivas especiais” está aberto a actividades como campamentos de espeleoloxía, desenvolvemento de cursos relacionados con esta especialidade e coas actividades de intervención e rescate dentro da cavidade. Tanto o Concello como a Federación valoran moi positivamente o número de visitas recibida pola Cova do Rei Cintolo que é un espazo de referencia, un “santuario entre a ciencia e a lenda da espeleoloxía galega”. Outro cambios efectuados no regulamento do réxime de visitas foron os seguintes: rebaixa dun ano (quedou fixada en 11) da idade para poder acceder á galería central; agora é posible participar en visitas guiadas ao río (é necesario ser maior de idade); rebaixa de 12 a 8 anos a idade mínima para participar nas visitas deportivas de espeleoloxía.
Na reunión recordaron que se fixo unha análise de superficies na cova para detectar a posible presenza de covid-19 e deron negativo.
É de destacar que en 2019 instalouse no Pazo de Santo Tomé o Centro de Documentación Espeleológica de España. Desde xeito, Mondoñedo convértese nun punto neurálxico da espeleoloxía española. No Centro de Documentación iniciouse, a cargo dunha empresa, a catalogación dos miles de documentos que acolle e que conformarán a gran base de datos da espeleoloxía nacional.
Desde o Concello indícase que todas estas iniciativas enmárcanse nas normas e recomendacións sobre sostenibilidade turística en destinos. Nesta liña, o Concello de Mondoñedo fixo propostas para o plan de sostenibilidade que a Mancomunidade da Mariña remitirá ao Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
