Lugo, 27 de agosto de 2020. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou hoxe da finalización das obras e a inminente entrega do novo aparcadoiro do casco histórico de Mondoñedo. Tras o remate das obras, está prevista a entrega das instalacións antes de final deste mes de agosto.
Trátase dunha actuación de acondicionamento de tres parcelas para un aparcadorio no número 3 da travesía Casas Novas, nunha zona próxima ao casco histórico de Mondoñedo, desenvolvida pola Dirección xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. A súa importancia radica na ausencia de alternativas para aparcar nas proximidades do centro da localidade.
A subdelegada do Goberno destacou o compromiso do ministro, José Luis Ábalos, coa provincia de Lugo. En concreto, agradece a súa vontade para axilizar a obra a pesar da pandemia da COVID-19 e facer posible a súa entrega no periodo estival, a época de maior afluencia á zona.
A obra consistiu no acondicionamento de tres parcelas situadas na travesía Casas Novas para habilitar una zona de estacionamento de vehículos nas inmediacións do Caso Histórico de Mondoñedo. O proxecto ten por obxecto facilitar unha alternativa de aparcamento próxima ao centro para evitar que os vehículos aparquen nas rúas do Conxunto Histórico mindoniense.
A intervención fíxose co menor impacto visual posible e incluíu o axardinamento e plantación dos espazos libres con especies de árbores autóctonas, así como a instalación de alumeado público e recollida de pluviais. Tamén inclúe a instalación de sinalización vertical de información, desde os accesos á cidade ata o aparcamento, así como de regulación da circulación no interior do mesmo, que será nunha única dirección.



















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



