Ribadeo, 27 de agosto de 2020. O alumnado do obradoiro de emprego Ribadeo alén do Camiño realizará unha campaña de promoción do itinerario xacobeo desde agora e ata o vindeiro 15 de outubro. A devandita campaña inclúe visitas guiadas ao Santuario das Virtudes, á igrexa de San Xoán de Ove e ás capelas de San Roque e da Atalaia. O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo e alcalde en funcións, Pablo Vizoso, visitou ás alumnas da especialidade formativa de Promoción Turística Local e Información ao Visitante, que se está a impartir nese obradoiro dual de emprego, promovido polo Concello de Ribadeo.
Vizoso Galdo explicou que “o obradoiro de emprego, que reiniciou as súas actividades o pasado día 1 de xullo despois de estar suspendido dende o 16 de marzo por mor da situación excepcional creada pola evolución da epidemia de COVID-19, ten entre os seus obxectivos desenvolver actuacións para dar a coñecer a riqueza do patrimonio cultural vinculado ao tramo ribadense do Camiño do Norte”
O edil ribadense dixo que “nesta liña, durante este mes de agosto e ata o vindeiro 15 de outubro os alumnos/as do obradoiro de emprego organizaron unha campaña de promoción do itinerario xacobeo, que inclúe visitas guiadas ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes, no barrio da Ponte, na parroquia de Arante. Como sabedes trátase dun templo do século XIV considerado unha das grandes xoias do patrimonio histórico, artístico e espiritual ribadense, e que conserva un rico patrimonio en pinturas murais tardomedievais. Pódese visitar todos os días en horario de 11 a 13 horas”.
O tamén alcalde en funcións manifestou que “co gallo de dinamizar as potencialidades dos recursos patrimoniais do noso concello, os alumnos da especialidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante desenvolven tamén dende este mes a ruta Ribadeo. A pegada relixiosa. A través da mesma os visitantes poderán coñecer a gran importancia histórica da vila, que mesmo chegaría a ser por un breve período de tempo sé eclesiástica (finais do s. XII principios do XIII), e a relevancia de Ribadeo dentro do percorrido do Camiño do Norte cara a Compostela. Dentro desta actuación desenvólvense visitas guiadas por algunhas das capelas e igrexas máis senlleiras, como poden ser a capela da Atalaia, a capela de San Roque ou a igrexa parroquial de San Xoán de Ove, elemento este último de gran importancia no referente á atención hospitalaria prestada no contexto da peregrinación a Compostela”.
Pablo Vizoso engadiu que “os horarios de visita a estes centros relixiosos son:
Na igrexa parroquial de San Xoán de Ove os luns de 11 a 13:30 horas. Na capela de San Roque os martes e mércores de 11 a 13:30 horas. E na capela da Atalaia os xoves e venres de 11 a 13:30 horas”.
O obradoiro dual de emprego Ribadeo alén do Camiño é un programa de formación e emprego promovido polo Concello de Ribadeo cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Estanse a impartir dúas especialidades formativas: Promoción Turística Local e Información ao Visitante e Confección e Publicación de Páxinas Web, cada unha con 10 alumnos/as participantes. Entre as principais actividades a desenvolver destaca o deseño dunha páxina web que recolla toda a información relativa ao tramo ribadense do Camiño Norte de Santiago que poida ser relevante para o usuario, especialmente ao peregrino; así como a realización dunha serie de roteiros virtuais polo patrimonio histórico da vila ou o deseño de novo material turístico e de promoción que contribúa a unha mellor divulgación e difusión dos recursos patrimoniais, culturais e naturais existentes.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



