Viveiro, 28 de agosto. O Concello de Viveiro, a través do xefe da Policía Local, informa que se localizou ao condutor implicado nun accidente de circulación con resultado de danos materiais que se deu á fuga tras o accidente.
Os feitos ocorreron na madrugada do luns 24 ao martes 25 do presente mes de agosto, cando a patrulla da Policía Local recibiu unha chamada, en torno ás 03:45 horas, comunicando a existencia dun accidente de circulación na estrada LU-102, á altura de San Lázaro, e que un vehículo se dera á fuga. Non se rexistraron persoas feridas, pero si dous vehículos danados.
Na mañá do día 25 a Policía Local localizou ao condutor dun Seat Ibiza de cor branca, causante do accidente, e que o escondera nunha nave de Celeiro. O vehículo carecía de seguro obrigatorio e tiña a ITV caducada. Xunto co condutor, un mozo de 20 anos de idade, acompañábano no vehículo outros dous mozos, neste caso menores de idade.
A Lei de Seguridade Vial establece a obriga de calquera condutor implicado nun accidente de circulación de evitar maiores perigos ou danos, e restablecer, na medida do posible, a seguridade da circulación, sinalizando convenientemente o vehículo ou o obstáculo creado. A presenza de restos dos vehículos na calzada, tras un accidente, pode dar orixe a novos sinistros, polo que non adoptar as medidas necesarias para previlos pode supoñer unha infracción grave ou moi grave ás normas de tráfico.
No caso de que se tiveran rexistrado lesións nas persoas que revestiran o carácter de delito, ou falecemento, e sempre que non concorrera risco propio ou de terceiros, se o condutor abandona voluntariamente o lugar dos feitos tras causar un accidente, o vixente Código Penal tipifica a devandita conduta como un delito de abandono do lugar do accidente.
Agora o condutor enfróntase ás sancións correspondentes, así como á responsabilidade civil polos danos causados.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



