Foz, 30 de setembro de 2020. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, modificou as delegacións de competencias no goberno municipal tras a toma de posesión como concelleiro de Javier Fraga Fernández no pleno deste mes.
O rexedor municipal explica que “ás dificultades propias de goberno dun concello como Foz súmase na actualidade a gran problemática do COVID-19. Certamente o esforzo en equipo é a única forma de traballo posible e a implicación de todos nótase: a ilusión polo servizo ás nosas veciñas e veciños é fundamental. Xa o fixen no pleno, pero non quero deixar pasar a ocasión sen darlle de novo a máis grande das felicitacións a Javier e desexarlle o mellor na andadura que comeza como concelleiro”.
Fran Cajoto anuncia que “o novo concelleiro, Javier Fraga, asumirá as delegacións de Festas e Servizos Públicos de Alumeado e Abastecemento, co obxectivo de reforzar o control e mellorar a xestión nestes servizos públicos. Inés López Couto, que é a segunda tenente de alcalde, faise cargo da carteira de Cultura, que se suma ás delegacións en Facenda, Emprego, Innovación, Administración Electrónica e Transparencia. As competencias en educación son asumidas polo propio alcalde, que xestionará directamente xunto con Obras, Urbanismo, Servizos -excluídos Alumeado e Saneamento- e Seguridade Cidadá. Creo necesario asumir directamente a xestión de Educación no momento actual de pandemia para que os centros educativos teñan unha información o máis directa posible e a solución ante un problema poida ser áxil”.
O resto de concelleiros seguen coas mesmas delegacións:
O primeiro tenente de alcalde, Francisco Xavier Fanego Bermúdez, é responsable de Patrimonio, Medio Ambiente, Medio Rural e Mar e Normalización lingüística.
Ana Matea Rojo Eijo ten as delegacións de Asuntos Sociais e Familia.
Gema Méndez Leivas segue coas de Deportes e Xuventude.
María Milagros Louzán García ten atribuídas as de Muller, Igualdade, Inmigración e Sanidade.
Jose María Linares Rodríguez continúa coas de Comercio, Turismo e Actividades Económicas.
Carlos García Rodríguez segue coas de Comunicación, Relacións Institucionais e Coordinación da Axenda 2030.
O alcalde destaca que “o fundamento é sempre dar o mellor servizo posible ás nosas veciñas e veciños, con ese obxectivo continuamos traballando tódolos días”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



