Burela, 9 de outubro de 2020. Ata o 23 de outubro estará aberta a inscrición no Concello de Burela para facerse cos 30 novos composteiros que se repartirán entre a veciñanza interesada.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “grazas ao apoio de Sogama, no Concello de Burela ampliamos o programa de compostaxe doméstica a 30 novos fogares, co que poderiamos chegar a un total de 130 vivendas unifamiliares participando activamente nesta iniciativa”.
A edil burelesa dixo que “contamos cun total de 30 novos composteiros con capacidade para 390 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables. Todas as persoas interesadas poden inscribirse ata o 23 de outubro chamando ao seguintes teléfonos 982580867/647136673, ou ben achegándose á oficina de Gaia, sita na Praza de Abastos. Os requisitos para poder recibir, de xeito totalmente gratuíto, un composteiro doméstico son: estar empadroados en Burela, ser maior de idade e ter un espazo verde como horta ou xardín…”.
Eijo sinalou que “ademais dos composteiros as persoas que participen nesta campaña recibirán a formación necesaria para poder poñer en valor a materia orgánica mediante a súa transformación en compost e manuais didácticos nos que se detalla a operativa a seguir e dáse resposta ás dúbidas máis frecuentes. Dita sesión formativa terá lugar o 26 de outubro ás 19.00 horas no Salón de Conferencias, antiga biblioteca municipal. Ao remate entregaranse os composteiros a todos os participantes. Poderá asistir a dita sesión formativa calquera persoa que estea interesada nesta temática ou teña dúbidas ao respecto, aínda que non participen na campaña”.
A concelleira de Medio Ambiente manifestou que “o Concello de Burela será o encargado de facer o seguimento desta iniciativa para avaliar a súa acollida e a resposta dos cidadáns. Estes contan tamén cun sitio web específico www.compostaconsogama.gal , no que se recolle toda a información sobre este programa, completada con recursos divulgativos de gran utilidade”.
E engadiu: “estamos encantados coa fantástica acollida das edicións anteriores desta campaña, e estamos seguros da boa acollida desta nova, xa que temos incluso xente en lista de espera para recibir un composteiro, cos que nos poñeremos en contacto para apuntalos. Queremos recordar que a compostaxe doméstica de restos orgánicos permite non só acadar o mellor abono para cada horta ou xardín, senón tamén reducir en orixe os residuos, o que minimiza o seu impacto ambiental, un dos grandes problemas medioambientais actuais”.
A campaña de compostaxe foi presentada no Concello polo alcalde, pola concelleira de Medio Ambiente e polo técnico de Medio Ambiente.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



