CERVO .- O grupo de goberno do Concello de Cervo lembra que a proposta do PSOE de rebaixar os soldos dos cargos públicos do concello “chegan cun ano de atraso” e lamenta que se dean de conta agora da necesidade de acometer reformas económicas.
Nota de Prensa
O GRUPO DE GOBERNO DE CERVO LÉMBRALLE AO PSOE QUE AS SÚA PROPOSTA DE REBAIXAR OS SOLDOS DOS CARGOS PÚBLICOS DO CONCELLO CHEGAN CUN ANO DE ATRASO
* A representante do PSOE cobra anualmente do organismo provincial 61.200 euros por ostentar un cargo político de moita menos responsabilidade co dun alcalde, fronte aos 42.840 euros do rexedor cervense
* O grupo de Goberno pregúntalle aos socialistas se non lles causa rubor e vergonza saber que a cifra percibida pola súa voceira na Deputación equivale ao 78,56% do presuposto anual destinado polo Concello para as dedicacións do alcalde e dos catro concelleiros con dedicación (77.900 euros)
Cervo, 15 Maio de 2010.- O grupo de Goberno do Concello de Cervo lamenta que o PSdeG se dea de conta agora da necesidade de acometer reformas económicas que axuden a saír da crise económica que estamos a sufrir dende hai case tres anos, e lémbranlle que a devandita proposta chega cun ano de atraso.
Na nosa opinión, a proposta socialista está cargada de cinismo político e móvese entre a covardía, o oportunismo e a demagoxia. Neste sentido hai que lembrarlle a estes señores que o Concello ten posto en marcha dende o ano 2009 un Plan de Saneamento económico-financeiro no cal se recollen medidas coma a conxelación das retribucións aos órganos de Goberno, asistencias a plenos e aos grupos municipais dende o ano 2008. Ademais, en xuño de 2009 -hai case un ano-, reducimos nun 25,09% o gasto referido as cantidades percibidas polos membros do grupo de Goberno, pasando de 104.000 a 77.900 euros ao ano, e non descartamos acometer unha rebaixa das cantidades asignadas aos grupos políticos da corporación e por asistencia aos plenos. Por iso, resúltanos decepcionante que os socialistas se lembren un ano tarde de facer restricións e aínda por riba, cando se lembran, o fagan pedindo unha porcentaxe inferior á que xa adoptamos nos no seu momento.
Si o que pretende o grupo municipal socialista con esta proposta é dar a ver que o alcalde e o resto de membros que configuran o grupo de Goberno estamos aquí por cartos están moi equivocados. Neste sentido queremos lembrarlle que xa no ano 2000, sendo o actual alcalde concelleiro desta corporación, o agora rexedor renunciou a unha dedicación de 120.000 pesetas ao mes por vontade propia e sen que ninguén lle obrigara a facelo.
“Agora lémbranse de que chove”
Esta “repentina” preocupación dos socialistas pola crise económica non deixa de ser chocante, sobre todo tendo en conta que para eles ata hai dúas semanas non existía tanta premura de facer sacrificios en materia económica. Parece, pois, que agora se lembran de que está chovendo, cando nestes dous últimos anos estiveron a negar a evidencia de que todo o mundo estaba empapado de problemas económicos provocados precisamente polos desaguisados do seu partido á fronte do Goberno do Estado.
Cuestión de cifras
Se tan preocupados e tan concienciados están agora os membros do grupo socialista na corporación polos soldos que perciben os políticos que ostentan cargos de representación de Goberno concello, non estaría de máis preguntarlles cal e a súa opinión polo soldo que cobra a súa voceira e vicepresidenta segunda na Deputación. A cantidade anual percibida pola señora Lara Méndez das arcas provinciais (61.200 euros) é un 30% superior ao soldo do alcalde de Cervo (42.840 euros) e cobra esta cantidade por ostentar un posto político de moita menos responsabilidade co dun alcalde e para o cal non foi elixida directamente polos votantes. Tamén nos gustaría lembrarlle aos membros do grupo socialista que esa cifra percibida pola súa voceira equivale ao 78,56% do investido anualmente por Cervo nas dedicacións dos cinco concelleiros con tarefas de Goberno no consistorio.
Refrescar memorias
Por último, queremos recordarlles tamén que o Concello de Cervo tense visto na desgraza de ter que enfrontarse a un proceso continuo de axuste financeiro dende a chegada do PP á alcaldía. Parece que alguén ten que refrescar a súa memoria, porque no ano 1999, cando chegamos a esta alcaldía, o índice de endebedamento bancario en relación cos ingresos correntes era dun 160,32%, mentres que a finais do ano 2009 era do 107%, cifra importante, pero inferior á legalmente permitida, que é do 110%. Polo tanto, nos últimos 10 anos o noso Goberno baixou en máis de 53 puntos o endebedamento xerado neste concello polos compañeiros de partido da señora Méndez aínda que disto ela e o resto de concelleiros socialistas xa non se lembran, ou mellor dito, procuran non face
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



