Nota de Prensa
A DEUDA VIVA DO CONCELLO DE CERVO INCREMÉNTASE UN 32%, PESE Á XESTIÓN “EXEMPLAR DO PP”
LAMENTAMOS QUE O PP CRITIQUE A PROPOSTA DE REDUCCIÓN DE SALARIOS E ASIGNACIÓNS POLÍTICAS EN LUGAR DE CHAMARNOS E CONCRETAR AS MEDIDAS
CERVO, 17 DE MAIO. Mentres a concelleira de facenda, Consolación Gallego sigue alardeando do moito que baixou a deuda no concello de Cervo e a xestión exemplar do mesmo, os datos facilitados polo ministerio de economía e facenda apuntan todo o contrario. Así, a deuda viva do concello de Cervo incremetouse no 2009 con respecto ao 2008 nun 31%, pasando de 2.035 a 2.686 (Datos en miles de euros).
O PP, un nefasto xestor
Consolación Gallego, segue a estela de Alfonso Villares, o seu predecesor en asuntos de facenda no concello, pero ademais, ten a desfachatez de dicir que a xestión económica do concello é “exemplar”, cando o concello de Cervo e un dos mais endebedados da provincia de Lugo a pesar de ter menos de 5.000 habitantes e haber recibido cantidades inxentes de diñeiro por licenzas urbanísticas e convenios millonarios. Por iso, sorprenden aínda mais que un dos dirixentes do PP na provincia que forma parte do equipo de goberno de Cervo, coma o Sr. Balseiro Orol, critique ao goberno central polo mesmo que él fai no seu concello, coa distinción de que neste caso, o concello non reparteu os “beneficios” urbanísticos cos veciños. O endebedamento do concello de Cervo débese en parte ao endeudamento dos últimos anos necesario para cubrir o déficit do presuposto.
Comparacións absurdas
Resulta lamentable que ante a petición do GMS solicitando unha reducción de salario do alcalde e asignacións dos grupos políticos (que nos inclúen tamén a nós), a resposta do equipo de goberno sexa contestar “y tú mais” en referencia ao salario de Lara Méndez na Deputación e por suposto sen facer alusión ao salario do Sr. Balseiro Orol no parlamento de Galicia. É chocante que critiquen o que dende o goberno central e o seu mesmo grupo político estase a pedir, poñendo exemplos absurdos e fora de contexto.
Non pedimos que o alcalde de Cervo recoñeza os seus errores, pero sí que haxa unha chamada ao resto de grupos políticos para poñer solucións entre todos, algo que ata de agora é imposible pola falla de voluntade política.





















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



