Lugo, a 9 de novembro de 2020. O Grupo Provincial do Partido Popular vén de pedir oficialmente e por escrito ao goberno da Deputación que notifique e informe aos Concellos da posibilidade de substituír as subvencións nominativas concedidas para fomentar eventos e que non se puideron levar a cabo pola crise da covid-19 por outros convenios que estimen oportunos.
O Partido Popular traslada así esta demanda ao bipartito, unha vez detectado que algunhas entidades locais renunciaron a estas achegas pola imposibilidade de celebración e que outras si solicitaron o cambio para realizar investimentos alternativos e non perder as axudas.
O voceiro deste Grupo, Javier Castiñeira, considera que “sería unha pena que ese diñeiro que non se executou e que non se quixo traducir en axudas para autónomos e pemes como pedía o Partido Popular, non se usase e si causase remanente, que é o que semella que prefire o goberno”.
Os populares fan esta petición por escrito porque, engade Castiñeira, “todos sabemos que é un exercicio complexo, polo que cómpre que se explique pormenorizadamente a posibilidade do cambio aos alcaldes e alcaldesas da provincia”. “Así o apreciamos logo dos informes dos servizos xurídicos, dada a excepcionalidade, e así o pedimos para que todos os Concellos e entidades ou asociacións teñan a mesma oportunidade, pois non sería de recibo de que se perdesen este fondos”, conclúe o voceiro do PP.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



