Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2020. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou esta mañá que o estatuto electrointensivo aprobado polo Goberno responde a un criterio territorial e non a unha “verdadeira aposta pola industria”, apuntando que “non só chega tarde, senón que é insuficiente e non dá unha resposta aos grandes consumidores de enerxía no noso país”, que non poden competir en igualdade de condicións con respecto a outros países como Francia ou Alemaña.
Tal e como apuntou o conselleiro, “Galicia sae unha vez máis prexudicada fronte a outros territorios”, ao recortarse as axudas á industria da Comunidade. Conde explicou que, co novo marco, pásase de apoiar a 120 empresas en España a 600 “e desde ese punto de vista os grandes consumidores electrointensivos non teñen unha resposta”. Ademais, engadiu que tampouco hai “un compromiso claro desde o punto de vista dos mecanismos de CO2 e tampouco se atenden as principais alegacións que tiñamos presentado Galicia, Cantabria e Asturias”, especialmente cara a figura dos grandes hiperelectrointensivos. Do mesmo xeito, sinalou que non están contempladas no texto final outras medidas de carácter fiscal que a Xunta consideraba como imprescindibles para abaratar o prezo enerxético.
Por todo o sinalado, Conde apelou ao Goberno a que “rectifique esta política enerxética que está deixando a un lado a industria e que está poñendo nunha situación verdadeiramente complicada que os empregos industriais poidan ter un futuro no noso país”.
Con respecto ao caso concreto da planta de Alcoa en San Cibrao, Conde defendeu que “no momento en que se poida ditaminar que a compañía non está disposta a darlle continuidade, automaticamente a única solución posible é a intervención”, lembrando que desde a Xunta así se está defendendo tanto cos traballadores como co propio Goberno.
“Necesitamos claramente que haxa unha aposta polo emprego industrial na Mariña pero tamén noutras empresas electrointensivas”, remarcou o vicepresidente económico, facendo referencia a exemplos como Alu Ibérica, Ferroatlántica Sabón, e Xeal e Celsa na Costa da Morte. “Falamos en definitiva das empresas electrointensivas que con este estatuto non teñen unha resposta ás súas necesidades”, remarcou Conde.
Segundo o vicepresidente económico, “Galicia perde unha vez máis con este estatuto”, denunciando que “non sabemos cales son os motivos polos que o Goberno o retrasou, pero desde logo para este resultado podíase aforrar este camiño”.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



