A Coruña, a 16 de decembro de 2020. A CIG considera que o Estatuto do Consumidor Electrointensivo aprobado este martes polo Consello de Ministras e Ministros chega tarde e resulta insuficiente tendo en conta que non se aclara cal será a rebaixa efectiva no prezo da electricidade para a industria gran consumidora de enerxía, non establece mecanismos de garantía de emprego reais, nin se modifica o mercado de casación de prezos no mercado maiorista, a pesar de ser a principal causa do elevado custe da electricidade para o sector.
Á espera de coñecer polo miúdo o contido exacto do Estatuto cando saia publicado no BOE, para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, “estamos ante unha constatación máis desta acumulación de atrasos inxustificados por parte do Goberno español, co impacto que ten na nosa industria que o estatuto non estea aprobado dende hai meses e nunhas coordenadas que senten as bases para a creación dunha tarifa máis xusta, estábel, predicíbel e competitiva”.
Paulo Carril advirte que o Goberno segue sen aclarar cal vai ser a rebaixa efectiva no prezo da electricidade para o sector, malia que esta indefinición é á que se veñen agarrando as empresas para ameazar a continuidade dos postos de traballo e da actividade, aplicar regulacións de emprego, recortar dereitos ou non realizar investimentos nas fábricas e nos procesos produtivos.
Quen asumirá os custes?
Neste senso, sobre o anuncio da rebaixa do recibo eléctrico nun 13%, fundamentado en sacar das peaxes as primas ás renovábeis (por valor duns 7.000 millóns de euros), a CIG teme que isto supoña trasladar os custes a todas as empresas enerxéticas, incluídos os prezos dos carburantes, e que estas acaben cargando este gasto sobre o conxunto das persoas consumidoras. Xunto a isto, segundo o anunciado polo Ministerio, o estatuto contempla tamén unha retirada do 85% das peaxes de extrapeninsulares, pero non se explica quen asumirá estes custes.
Carril lembra que na proposta de tarifa industrial elaborada pola CIG en 2018, propúñase eliminar o 100% das peaxes que non teñan unha relación directa co funcionamento do sistema e que estes custes sexan asumidos polos Orzamentos Xerais do Estado, incluíndo tamén o déficit tarifario. No caso da peaxe de transporte, a proposta da CIG contemplaba ademais unha compensación do 100% para as electrointensivas instaladas naquelas comunidades autónomas que exportan electricidade, como é o caso de Galiza.
De igual xeito, a nova regulación non modifica o mercado de casación de prezos no mercado maiorista (o denominado pool) aínda que isto constitúe a principal causa do alto prezo da luz para as electrointensivas, posto que as peaxes para estas industriais teñen unha repercusión menor, xa que canto maior é a potencia contratada menor é o cargo por peaxes.
Doutra banda, o secretario xeral da CIG apunta que o Estatuto rebaixa os requisitos para ter a consideración de industria electrointensiva, pois agora asumen esta categoría máis de 600 empresas, “desvirtuándose así a condición real de electrointensiva”. A maiores, alerta Carril, o Goberno español “segue a fiar a dúas variábeis absolutamente arbitrarias a consecución dun prezo estábel e competitivo: o prezo á baixa polo impacto que pensan suporá a introdución de renovábeis e a que as PPA sexan a solución facéndoas atractivas a través do Fondo de Reserva”.
Compensación por CO2
Se ben a compensación por CO2 sube até os 200 millóns de euros no próximo ano, o seu efecto dilúese ao pasar das 119 empresas que empregaban a interrumpibilidade a 612, ao rebaixarse os criterios para ser considerada empresa electrointensiva.
Sen garantías de emprego e da continuidade produtiva
Para a CIG resulta preocupante que o Goberno, como todo parece indicar, non atendera as alegacións a respecto das garantías de emprego e de mantemento da actividade esixíbeis ás empresas beneficiadas, incidindo na desprotección recollida no RD 20/2018. Pola contra, a central nacionalista reclamou que toda empresa que reduza en máis dun 20% a súa produción ou os postos de traballo actuais (vía ERE ou ERTE), ou que non respecte as condicións laborais, debera ser excluída automaticamente da posibilidade de recibir estas axudas e obrigada a súa devolución.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



