Viveiro, 18 de decembro de 2020. No mes de maio preparábase a posta en marcha dunha iniciativa de traballo con xóvenes en busca da súa capacitación para tratar de ir poñendo vías de solución ao xa famoso e pendente relevo xeracional no sector pesqueiro.
Durante os meses de verán, a fase de captación de alumnado fixo que o proxecto RELEVO2020 chegase de xeito directo a máis de 50 concellos de Galicia e máis de 30 confrarías de pescadores que se convertiron en vectores de difusión e promoción do mesmo ao igual que outras moitas entidades do sector pesqueiro ou relacionadas con él. Agora, despois de máis de 3 meses de formación, titorías, saídas de campo, encontros con profesionais ou visitas, a primeira edición chega á súa fin deixando un bo sabor de boca nos participantes que, segundo din, lles gustaría que durase máis tempo. O programa formativo
No territorio do GALP A Mariña Ortegal, esta primeira edición realizouse en Burela, na aula de formación da confraría de pescadores e nela traballouse cun grupo estable de alumnado caracterizado pola diversidade de perfís, tanto en formación académica como en experiencia profesional, pero que sen dúbida mantiñan en común o interese polo sector pesqueiro e o medio mariño.
As actividades realizadas foron: seminarios, titorías individualizadas, saídas de campo para recoñecemento e aproveitamento dos recursos locais e territoriais, encontros con mozos e mozas con experiencia para coñecemento de proxectos innovadores e ideas de interese e visitas nas que coñecer os recursos do territorio doutros GALP.
De xeito concreto, visitouse o Barco Museo e a casa do concello, as empresas pescados Rubén e a planta de engorde de rodaballo de Insuíña en Xove, dentro do territorio, e realizáronse actividades en común co alumnado dos demais territorios; por exemplo visita á escola náutico pesqueira e visitas a empresas e encontros con profesionais na ría de Arousa, en Rianxo, onde se visitou a lonxa, unha asociación bateeira e se tiveron encontros con empresas de turismo activo e ambiental, de gastronomía e co Consello Regulador do Mexillón de Galicia.
O programa formativo estivo estructurado nos seguintes bloques de contidos: 1 o sector da pesca, 2 os produtos da pesca, 3 patrimonio natural, 4 patrimonio cultural e 5 importancia do traballo en rede.
Viaxe de estudo nacional
Aínda que finaliza xa a primeira edición, o alumnado segue en contacto co equipo docente que o segue titorizando e axudando nas súas dúbidas e intereses. Ademais, o alumnado está pendente de realizar a presentación dun traballo final, que será avaliado por un xurado, diferente ao equipo docente, e co que poderá conseguir facer unha viaxe final de estudo a un proxecto de carpintería de Ribeira no País Vasco (albaola.com) con coste cero para os asistentes.
Aberto o prazo de inscrición da segunda edición
Xa é posible facer a reserva de praza para a segunda edición que comezará na derradeira semana de xaneiro e que terá lugar, dentro do territorio do GALP na localidade da que proveña a maioría das persoas inscritas ou que mellor lle vaia ás mesmas.
Para informarse sobre o proxecto, está habilitada a dirección de email info@relevo2020.org e o espazo web relevo2020.org no que ademais se atopará o formulario de inscrición.
As persoas que así o desexen tamén poden informarse na oficina do GALP, na súa sede en Viveiro (rúa Misericordia, 35) – Persoa de contacto: Verónica Díaz Guerreiro – 982 56 33 55 / 604 03 47 48 e seguir as novas a través das redes sociais Instagram e Facebook buscando por Relevo2020.
























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



