Santiago de Compostela, 22 de Decembro 2020. O portavoz parlamentario de Infraestrutura e Medio Ambiente, Luís Bará propuxo chegar “a un gran pacto” pola sustentabilidade, a calidade das augas, a produtividade e o futuro das nosas rías.
No debate da moción nacionalista, o parlamentario instou ao goberno galego a “reclamar as transferencias” para xestionar dende Galiza, os ríos, as rías o mar e a costa. Neste sentido, afirmou que as políticas dos últimos 30 anos centradas na construción de infraestruturas resultaron “un fracaso” e urxe revisar a concepción e xestión da auga cambiando as prioridades.
Neste sentido, apelou a aprender dos erros, corrixir as actuacións equivocadas e ineficientes porque non todo son “tubaxes, PVC e cemento”. Resulta imprescindible apostar pola investigación e innovación e mudar a relación co medio, sobre todo cos ecosistemas ultrasensibles como os ríos, os humedais e as xunqueiras. Temos, dixo que poñer freo aos aterros na ría de Vigo en Bouzas, devolver os terreos de dominio público ao público, ENCE fora da Ría de Pontevedra e deixar de entender o mar e as rías como vertedoiros de plásticos, residuos e materiais contaminantes como os da Foxa de Sálvora.
Para o deputado, ordenar o noso sector pesqueiro, a investigación oceanográfica, os Portos de interese xeral, as Titulacións profesionais náutico-pesqueiras, a ordenación do litoral, as Cuncas hidrográficas e a Meteoroloxía deben ser xestionadas dende Galiza e “non dende un despacho de Madrid”.
Bará defendeu rachar coas “inercias centralistas, a submisión do goberno galego a Madrid” porque a consecuencia, dixo, “son dez anos de seca e un goberno que se comporta como unha deputación”. O goberno galego debe asumir a súa responsabilidade e deixar de funcionar como “unha xestoría ou terminal dos poderes políticos e económicos. Asuman dunha vez que son o goberno galego, non unha xestoría, ou unha terminal dos poderes políticos e económicos madrileños.
Enfoque integral para outro medio ambiente e outro mar
Bará reiterou que Galiza precisa dunha “grande alianza polo mar, a costa e as rías” acompañada de coñecemento, investigación e o apoio das administracións, apoio que estendeu a todas as dimensións entre as que destacou a ecolóxica, social e produtiva. “Primeiro coñecemento e despois investimentos”, recalcou.
Nesta liña, propuxo elaborar un “Plan Integral de Rexeneración e aproveitamento dos recursos naturais, produtivos e sociais das rías galegas” así como a protección e mellora das marismas, humedais e concas fluviais”.
A Xunta, explico Bará, presume de ter investido 1.110 millóns de euros dende o ano 2009 e ao tempo recoñece as deficiencias polo que dende o BNG, instamos ao goberno a mellorar as redes e as EDAR realizando un estudo preciso da súa idoneidade para corrixir as eivas.
Finalmente, o nacionalista tamén apostou por un informe sobre as actuacións realizadas no Plan Hidrolóxico Galiza Costa así como as pendentes e abrir un proceso de consultas e participación para o novo Plan 2022.
Todas as propostas do BNG para mellorar a calidade das augas, a produtividade e o futuro da rías galegas foron rexeitadas polo PP e Psoe.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



