Ribadeo, 8 de xaneiro de 2021. Rematou o 4 de decembro o prazo de solicitude de axudas para repoboar con frondosas as faixas de protección de vivendas e núcleos de poboación fronte aos incendios forestais. Foron 23 as peticións realizadas para a repoboación de 44 parcelas, que supoñen máis de 13 hectáreas de redes secundarias de faixas de xestión de biomasa marcadas polo Plan de Incendios do Concello de Ribadeo, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor contou que “logo dunha primeira campaña de sensibilización, que fixemos xa no ano 2019, na que foran entregadas árbores autóctonas por valor de 6.500 euros, agora, nesta edición, quixemos ampliar a axuda aos 8.800 euros”.
Suárez Barcia explicou que “con estas árbores que imos entregar buscamos axudar economicamente ás persoas que adaptaron as súas faixas de protección á lei de incendios de Galicia e, ao mesmo tempo, van conseguir, con estas plantacións de frondosas, reducir nun futuro as necesidades de mantemento destes espazos, ademais de servir de medida preventiva fronte aos incendios forestais”.
O alcalde ribadense dixo que “se trata dun total de 23 beneficiarios, que o solicitaron e que cumprían as bases, e 44 parcelas a repoboar que supoñen máis de 13 hectáreas de redes secundarias de faixas de xestión de biomasa que están marcadas polo Plan de Incendios do Concello de Ribadeo”.
E engadiu que “agora estase a contactar cos beneficiarios desta axuda para coñecer a tipoloxía e a cantidade de árbores que desexan recibir, sempre cumprindo cos requisitos que establece a normativa para este tipo de plantacións (lei de montes, lei de incendios, etc.) E posteriormente, unha vez elaborado o listado definitivo coas árbores a entregar, o Concello de Ribadeo as encargará a un viveiro da zona para logo fixar un día no que facer entrega das mesmas”.
Fernando Suárez subliñou que “queremos seguir avanzando agora no inverno, que non hai este problema por mor dos incendios forestais, na protección para cando veñan as temperaturas altas e seguir dando pasos en Ribadeo para ser un concello seguro, ou o máis seguro posible, no que ten que ver cos incendios forestais que poidan afectar ás casas e ás vidas humanas, que é o que se trata de protexer”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



