Fai uns días o Goberno aprobou o Decreto po medio do cal tomaba unha serie de medidas co fin de reducir nun 15% o nivel de débeda que ten o Pais.
Respecto a este feito quero facer uns comentarios:
* Para reducir a débeda pódese optar por reducir os gastos, ou por aumentar os ingresos. Este goberno optou por reducir os gastos e fixo, coma sempre, a conta dos colectivos sobre os que e mais fácil actuar (funcionarios e pensionistas), e non sobre os mais ricos.
* Non podemos esquecer que os funcionarios son traballadores por conta allea, e non todos teñen soldos altos, moitos deles son mileuristas que verán reducidos os seus ingresos. E aínda encima debemos ter en conta que en xullo aumenta o IVA. O mesmo se pode dicir dos xubilados, que verán conxeladas as súas pensións nunha situación de aumento de prezos, por o tema do IVA.
* Mentres Zapatero, no Consello de Ministros do Xoves, dixo que o aumento de impostos para os mais ricos non toca agora. E chámase socialista. Agora coa crise que temos tócalle aos de sempre. ¿Cando lles vai tocar aos mais ricos?, cando a situación sexa boiante, ou nunca. Menudo socialista está feito. Si Pablo Iglesias levantara a cabeza.
* Para reducir os gastos o primeiro que tiñan que ter feito era non despilfarralos. Cantas obras, moitas delas sen interese algún e sen xeito, se levan feito no Plan E. Dicían que para combater o paro. Pois menos mal que o combateron, porque si non hoxe estabamos todos parados. E mirade que se gastaron cartos no Plan E.
* Cantos cartos se puxeron a disposición dos bancos para sacalos de problemas. E cantos deses cartos chegaron as pequenas e medianas empresas que son as que xeran o emprego. Iso si. Os bancos unha vez mais anuncian importantes beneficios. E mirade que se puxeron ben cartos a disposición dos bancos.
* Eu son dos que pensan que non había que axudarlle á banca, son empresas privadas e só buscan o seu beneficio. Por esa mesma regra de tres habería que axudarlle a calquera empresa con problemas. Eu son partidario de que as axudas do goberno cheguen directamente ás empresas e aos cidadáns, sen intermediación da banca.
* Tamén quería ter un pensamento para os sindicatos. Paréceme incrible a súa parsimonia. Coa forte crise que temos, cos millóns de parados que hai, cos medida que tomou o goberno, co xa anunciada reforma laboral, aínda están dubidando de si facer unha folga xeral. É incrible. E foi patética a súa comparecencia co Presidente cando este lles presentou as medidas para reducir a débeda. Non foron capaces de deixar claro e contundente unha forte resposta sindical e anunciar xa, nese momento, unha folga xeral.
* E están dubidando por que non saben a quen defenden. Desde logo non parece que sexa aos traballadores. Mais ben parecen preocupados de manter os seus privilexios como sindicalistas, e non cabrear o goberno para que non lles recorte as axudas que reciben.
* Tamén me parece lamentable a comparecencia conxunta do Presidente co representante da patronal Díaz Ferran. Pouco fala en favor da Patronal ter un representante como o señor Díaz Ferran que deixou a centos de persoas tiradas en aeroportos de toda Europa con billetes sacados pa voar na súa compañía aérea. E non falemos como deixou os seus traballadores.
* Como estará a patronal para ter este representante. Pero claro a patronal só lles interesa que non se lles suban os impostos e abaratar o despido. Bo síntoma este de abaratar o despido para crear postos de traballo.
* Con respecto o PP, o principal partido da oposición, non lle vai o seu novo papel de defender os mais necesitados, loitando contra os intereses dos mais ricos, non o vexo. Está tratando de aproveitarse da crise e dos erros que está a cometer o goberno para sacar réditos políticos. Non está a colaborar para saír da crise, e iso, os cidadáns vémolo, e moitos terémolo en conta no seu momento.
* Hoxe en día están de moda os ERES e tamén se fala moito de pactos, acordos e consenso. Pois ben, eu quería propoñer un ERE e tamén un pacto:
-O ERE é para reducir nun cincuenta por cento a todos os membros dos diferentes gobernos e parlamentos: nacionais, autonómicos e deputacións, e tamén do Senado. Aforraríanse moitos cartos e para o que fan sería suficiente co metade de persoas.
-O Pacto sería pola decencia política. Sen mais comentarios.






















A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



