Mércores, 20 de xaneiro de 2021. A deputada de Medio Rural Mónica Freire deu conta da sinatura dun convenio coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) para o establecemento dunha axuda excepcional que lle permita á entidade continuar coa súa labor de promoción da comercialización dos seus produtos.
O convenio reforzará o uso do selo “100% Raza Autóctona”, que garantiza a orixe, trazabilidade e calidade dos produtos a consumidores e consumidoras. A achega de Medio Rural, cun importe de 3.300 euros, sufragará a compra dos precintos e pegatinas que regulan a certificación.
“Con esta colaboración pretendemos promocionar as razas autóctonas gandeiras en perigo de extinción como motor de desenvolvemento socioeconómico da provincia, incidindo na importancia do consumo dos seus produtos e no mantemento do modelo familiar nas nosas granxas, con complementación de rendas e diversificación produtiva multifuncional”, explicou a deputada nacionalista.
Boaga leva traballando dende o 2001 pola defensa do Programa de Conservación e Recuperación de Razas Bovinas Autóctonas de Galicia en Perigo de extinción, isto é, da Cachena, a Caldelá, a Frieiresa, a Limiá e a Vianesa, ás que se uniron posteriormente a raza Galiña de Mós, a Ovella Galega e a Cabra Galega.
Apoio á produción agroalimentaria
A colaboración coa Federación de Razas Autóctonas súmase ás achegas que a área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación ven formalizando con asociacións e entidades do ámbito agroalimentario para apoiar a comercialización dos seus produtos, co obxectivo de contribuír a paliar a incidencia que a situación sanitaria tivo nas vendas, especialmente nas orientadas á restauración.
Así, a área de Medio Rural asinou convenios de colaboración con Ovica para o impulso da marca “Pastores de Galicia”, coa asociación de criadores de cabalo de pura raza galega Puraga que desenvolveu unha campaña para dar a coñecer a carne de poldro ou Asoporcel.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



