Santiago, 4 de febreiro de 2021. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a estudar e habilitar unha fórmula para facer compatible a autorización da práctica de pesca deportiva desde as dársenas portuarias, en condicións de seguridade, normalidade e sustentabilidade, e sempre que non se entorpezan os labores dos profesionais do mar e outras actividades propias dos portos.
O deputado popular José Manuel Balseiro explicou que “se trata dunha actividade de pesca recreativa convertida en tradición que, a pesar de non estar autorizada en zonas portuarias, leva producíndose de xeito puntual, sempre e cando non estorbe ás descargas e outras operacións dos barcos e se realice en condicións de seguridade e sustentabilidade”.
EN COLABORACIÓN CO SECTOR
“Porén, nos últimos meses, e vinculado ao incremento da vixilancia dos corpos e forzas de seguridade por mor da pandemia do coronavirus, aqueles que practican esta modalidade de pesca poden enfrontarse a sancións económicas”, sinalou.
Deste xeito, Balseiro considerou “relevante dar unha solución a esta situación, polo que debería estudarse unha fórmula, coa colaboración do sector, para facer compatible a continuidade desta práctica de pesca recreativa coas condicións propias da actividade dos portos”.
Así, avogou por “estudar a posibilidade de habilitar espazos nos que a práctica estea autorizada e nos que os pescadores deportivos, provistos da súa correspondente licenza e cos límites e condicións que a pesca recreativa incorpora en canto a número de capturas, especies e tamaños, poidan seguir con esta tradición”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



