Foz, 13 de febreiro de 2021. Pastelería Anduriña, de Foz, sorteou entre a súa clientela 12 comidas para celebrar o Día dos Namorados. Na cita participaron todas as persoas que fixeron compras por importe superior a 10 euros nas súas instalacións ou a través da web www.andurinafoz.com.
Os afortunadas e as afortunadas poden levar a comida para as súas casas, no caso dos locais que conten con este servizo, ou esperar a que reabra a hostalería. Os gañadores do sorteo realizado a través de Radio Foz son: Noelia Díaz, de Foz, que desfrutará do seu premio en Dandy; Estrella Rodríguez, de Madrid, en Pizzería Xoiña; José Naray, de Foz, en Xoiña; Ana Mª Couto, de Fazouro, en O Lar; Sabela Castiñeira, en Portochico; Marina González, de Foz, en Costumes do Mar; Nina Zaitello, de Madrid, en A Quinta; Luz Valmayor, en Casa Damián; Celia Anido, de Foz, en Tangarte; José Luis, de Foz, en As Brasas; Carmen Pena, de Foz, en Fina; e Ramona Castro, de Foz, en O Rincón do Mis.
Moncho Castro, o propietario do establecemento, agradece “la participación en esta iniciativa de los 12 locales hosteleros que se han unido a Pastelería Anduriña para celebrar de una forma especial el Día de los Enamorados. Y a la clientela su fidelidad y su apoyo, siempre importantes, pero más ahora en estos tiempos que nos ha tocado vivir”.





















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.



